Suisei / Planet A | |
---|---|
![]() Suisei | |
Tipo | Científico |
Organización | ISAS |
Destino actual | Fóra de servizo.[1][2][3] |
Data de lanzamento | 18 de agosto de 1985[1][4][5][6] |
Foguete portador | Mu-3S-2[1][3] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Uchinoura[1][2] |
Obxectivo da misión | Estudo do cometa Halley.[1][2] |
NSSDC ID | 1985-073A |
Masa | 139,5 kg[1] |
Dimensións | Cilindro de 1,4 m de diámetro e 70 cm de alto.[7] |
Potencia | 100 W[1] |
Suisei (en xaponés, すいせい) ou Planet-A foi unha sonda espacial da axencia xaponesa ISAS (Institute of Space and Astronautical Science) lanzado o 18 de agosto de 1985 mediante un foguete Mu-3S-2 desde o Centro Espacial de Uchinoura.[1][2][3][7]
Suisei (Cometa en xaponés) foi lanzada para sobrevoar e estudar o cometa Halley no seu perihelio de 1986. O obxectivo principal era tomar imaxes no ultravioleta da coroa de hidróxeno do cometa nun período de 30 días antes e despois do máximo achegamento. A sonda tamén medíu o vento solar durante un período de tempo maior. Suisei tiña forma de cilindro de 1,4 m de diámetro e 70 cm de alto e 140 quilos de peso, e estabilizábase mediante xiro, cun sistema de propulsión alimentado por hidracina para o control de actitude e de rotación.[1][2][3][7]
A sonda levaba dous instrumentos a bordo:[1][2][3][7]
As observacións de Suisei no ultravioleta comezaron en novembro de 1985, obtendo ata seis imaxes por día. O máximo achegamento ao Halley tivo lugar o 8 de marzo de 1986, a unha distancia de 150.000 km do núcleo e sufrindo tan só dous impactos de partículas de po. Despois de finalizar a misión o control enviou á sonda a un sobrevoo da Terra para 1992 como paso previo ao sobrevoo doutro cometa, pero antes do sobrevoo perdeuse o contacto coa sonda.[1][2][3][7]