Sunsat | |
---|---|
Tipo | Experimental |
Organización | Universidade de Stellenbosch |
Data de lanzamento | 23 de febreiro de 1999, 10:29 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Delta 7920[3][5] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[3][6] |
Obxectivo da misión | Experimental, estudo da superficie terrestre.[3][6] |
NSSDC ID | 1999-008C |
Masa | 64 kg[3] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7121 km[1] |
Inclinación | 96,4 graos[1] |
Apoapse | 853,0 km[1] |
Periapse | 647,7 km[1] |
Sunsat foi un satélite surafricano construído pola Universidade de Stellenbosch e lanzado como carga secundaria nun Delta 7920 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea o 23 de febreiro de 1999.[2][3][5][6]
Sunsat levaba varios experimentos a bordo, incluíndo unha cámara de alta resolución, un control de actitude de precisión, un magnetómetro, un GPS, un retrorreflector e comunicacións de radioafeccionado. As comunicacións co satélite cesaron o 19 de xaneiro de 2001.[3][5][6]