Super Bock |
---|
![](//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cc/Super_bock.png/200px-Super_bock.png) |
![](//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/10/Super_Bock_Luanda.jpg/250px-Super_Bock_Luanda.jpg) Painel en Luanda, Angola. |
Tipo | Sociedade anónima |
---|
Fundación | 1927 |
---|
Matriz | Unicer Bebidas de Portugal, SGPS, SA |
---|
Localización | Leça do Balio, Matosinhos Portugal |
---|
Industria | Alimentación cervexa |
---|
Produtos | Super Bock Original, Super Bock Sem Álcool, Super Bock Classic, Super Bock Stout, Super Bock Green, Super Bock Abadia, Super Bock Selecção 1927, Super Box Mix |
---|
Na rede |
---|
http://www.superbock.pt/ |
![Editar o valor em Wikidata](//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/63/Arbcom_ru_editing.svg/10px-Arbcom_ru_editing.svg.png) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Super Bock é unha compañía cervexeira portuguesa propiedade da empresa Unicer. Foi lanzada en 1927[1]. Actualmente lidera, xunto co seu principal competidor Sagres, o mercado cervexeiro portugués, representando ámbalas dúas marcas o 89.5% do mercado luso.[2]
Nunha estratexia de diversificación de sabores da marca, Super Bock lanzou nos últimos anos, unha nova e variada gama de produtos:
- Super Bock: cervexa branca que conta con 35 medallas (28 de ouro consecutivas) no Monde Selection de la Qualité. Ten un aroma lixeiramente afroitado e sabor suave e lixeiramente amargo. Ten unha gradación alcohólica de 5,2 graos.
- Super Bock Cool: cervexa con menos alcohol e fácil de abrir.
- Super Bock Stout: cervexa negra elaborada con maltes especiais. Ten un aroma suave, caramelizado e lixeiramente afroitado. O seu sabor é entre amargo e suave, lixeiramente tostado de malte. Ten un 5,0 % de alcohol.
- Super Bock Green: cervexa enriquecida cun 1 % de zume de limón. Destaca o aroma a limón e ten un sabor lixeiramente doce cun pouco de limón. Ten un baixo volume alcohólico, cun 4,0 %.
- Super Bock Abadia: cervexa con fermentación extra e cor rubí, máis escura. O seu aroma é máis forte e con corpo a malte e caramelo, mentres que o seu sabor é pouco amargo e doce. A súa gradación é de 6,4 graos.
- Super Bock Abadia Rubí: cervexa gourmet pensada para acompañar pratos de carne. Cor rubí. O seu aroma ten notas de malte e caramelo e o seu sabor é suave e redondo na boca e cun final lixeiramente doce. Ten 6,8 graos.
- Super Bock Abadia Gold: cervexa de gourmet seca e afroitada, suave e pouco amarga, está pensada para acompañar os pratos de peixe. Cervexa de fermentación completa, sen deixar azucres ao final do proceso. Ten un aroma exuberante e afroitado, mentres que o seu sabor é suave e pouco amargo, pouco doce e cunha lixeira acidez. Ten un 6,8 % de alcohol.
- Super Bock XpresS en Garrafa: cervexa en botella elaborada coa mesma fórmula e proceso que a Super Bock de barril. Ten un aroma lixeiramente esterificado, afroitada, con corpo e cun amargor equilibrado. O seu sabor é lixeiro e refrescante. Ten un 4,9 % de alcohol.
- Super Bock sem Álcool Pilsener: cervexa totalmente fermentada, o alcohol é retirado ao final da elaboración mediante un proceso físico. Ten a metade de calorías que unha cervexa normal. O seu aroma é igual ao de calquera cervexa con alcohol e o seu sabor é suave e moderadamente amargo.
- Super Bock sem Álcool Preta: cervexa sen alcohol negra e coa metade de calorías. Ten un aroma suave, caramelizado e lixeiramente afroitado e o seu sabor é doce e lixeiro. O seu volume de alcohol é inferior ao 0,5 %.
- Super Bock sem Álcool Limão: cervexa con sabor a limón cun 0,0 % de alcohol e baixa en calorías. Doce e suave na boca e lixeira acidez.
- Super Bock Tango: cervexa con grosella.
- Super Bock Twin: cervexa sen alcohol.
Super Bock dinamizou o panorama dos Festivais de Verán en Portugal co lanzamento do "Super Bock Super Rock" en 1995, festival que atrae a Portugal, dende o seu inicio, a algunhas das bandas de prestixio e intérpretes solistas, espallándose polos palcos lusos e doutros puntos da Península Ibérica.