Tipo | Super Bowl | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Deporte | Fútbol americano | ||||||
Composto por | |||||||
Participantes | |||||||
Localización e Datas | |||||||
Localización | U.S. Bank Stadium (pt) (Minneapolis) 44°58′26″N 93°15′29″O / 44.9739, -93.2581 | ||||||
País | Estados Unidos de América | ||||||
Número de edición | 52 (2018) | ||||||
Competición | |||||||
| |||||||
Árbitro | Gene Steratore (en) | ||||||
Primeiro posto | Philadelphia Eagles | ||||||
Outro | |||||||
Cobertura dos medios de comunicación | National Broadcasting Company | ||||||
A Super Bowl LII foi a 52ª edición da Super Bowl e a 48ª final da era moderna da National Football League (NFL) de fútbol americano. O partido xogouse o 4 de febreiro de 2018 no U.S. Bank Stadium de Minneapolis, Minnesota (Estados Unidos),[1] ante 67.612 espectadores. Esta foi a segunda Super Bowl que acollía a cidade de Minnesota, a cal xa acollera en 1992 a Super Bowl XXVI, gañanda polos Washington Redskins. Foi ademais a sexta Super Bowl que tivo a súa sede nunha cidade de clima frío,[2] sendo ademais a cidade máis setentrional en acoller o evento.[3]
O partido enfrontou aos campions da National Football Conference (NFC), os Philadelphia Eagles, contra os campións da American Football Conference (AFC), os New England Patriots. Este último equipo repetía final tras gañar na edición de 2017. Desquite da Super Bowl XXXIX de 2004, que foi gañada por New England por 24−21, a Super Bowl LII foi a primeira aparición dos Eagles desde aquela. Os Patriots convertéronse no primeiro equipo desde os Seattle Seahawks (que xogou as Super Bowl XLVIII e XLI) en participar en dúas Super Bowls consecutivas. Por outra banda, os Eagles participaban no evento por terceira vez na súa histoira, tendo perdido as dúas veces anteriores (XV e XXXIX). Finalmente os de Filadelfia foron os vencedores tras gañar por 41−33. O mellor xogador da final (MVP) foi o quaterback dos Eagles Nick Foles.