«Survivalism» | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de Nine Inch Nails | |||||
do álbum Year Zero | |||||
Lanzamento | 13 de marzo do 2007 | ||||
Formato | MP4, CD, 9" | ||||
Gravada | 2006 | ||||
Xénero musical | rock industrial | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 4:23 | ||||
Discográfica | Interscope/Nothing | ||||
Produtor(es) | Trent Reznor, Atticus Ross | ||||
Escritor(es) | Trent Reznor | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"Survivalism" (tamén coñecido coma Halo 23) é un sinxelo da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails, o primeiro do seu álbum do 2007 Year Zero. O sinxelo foi editado dixitalmente a través da iTunes Store o 13 de marzo do 2007 e en CD e vinilo o día 2 de abril.
"Survivalism" estreouse no posto número 28 da lista Modern Rock Tracks da revista Billboard na semana do 23 de febreiro de 2007. Chegou ao posto número un, onde permaneceu só unha semana, converténdose no cuarto sinxelo consecutivo de NIN en chegar a este posto.
Ao igual que "The Hand That Feeds" e "Only", a pistas de "Survivalism" para o programa GarageBand foron postas á desposición dos seareiros da banda para que estes mesturasen o tema. Estas poden descargarse dende a páxina web do álbum.