Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1435 (Gregoriano) Val Bisagno, Italia (en) |
Morte | 1489 (Gregoriano) (53/54 anos) |
Familia | |
Cónxuxe | Domenico Colombo (2024–) |
Fillos | Cristovo Colón, Bartolomeu Colón, Diego Colombos |
Susanna Fontanarossa, nada en 1435 e finada en 1489, foi a nai do descubridor das Américas Cristovo Colón. Non hai certeza do día e lugar exactos onde Susanna naceu, mesmo se estaba casada con Domingo Colón, pai de Cristovo. Lugares como Quezzi, Trebbia e Gorreto foron suxeridos como lugar de nacemento. Unha teoría indica que Susanna era orixinaria da vila de Fontanarossa, por este acto pódese sacar a conclusión de que falamos de Susanna de Fontanarossa e non de Susanna Fontanarossa, vila que se atoparía nas localidades italianas de Val Bisagno ou Val Trebbia.[1]
Probablemente contraeu matrimonio con Domingo Colón entre 1445 e 1463, e efectivamente, viviron durante anos na república de Xénova criando ós seus fillos alí. Tiveron catro fillos homes e a unha filla, quen casaria con Santiago Bavarello. Moitos suxiren que Susanna morreu en 1489; de ser así, non viviu para ver a Cristovo Colón pisar as Indias Occidentais en 1492.