Sweet Home | |
---|---|
Formato | Drama, terror e apocalíptico |
Creado por | Studio Dragon |
Desenvolvido por | Studio Dragon Studio N |
Dirixido por | Lee Eung-bok Jang Young-woo Park So-hyun |
Intérpretes | Song Kang Lee Jin-wook Lee Si-young Lee Do-hyun Kim Nam-hee |
Tema de apertura | Gaemi |
País de orixe | ![]() |
Lingua(s) | Coreano |
Temporadas | 1 |
Episodios | 10 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Kim Young-kyu |
Cámara | Unha cámara |
Duración | 44–59 minutos |
Distribuidor | Netflix |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Netflix |
Formato de imaxe | 4K (Ultra HD) |
Primeiro episodio | 18 de decembro de 2020 |
Na rede | |
https://www.netflix.com/title/81061734 | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Sweet Home (en coreano: 스위트홈; Seuwiteuhom) é unha serie de televisión surcoreana de 2020. É unha serie postapocalíptica e de terror protagonizada por Song Kang, Lee Jin-wook e Lee Si-young. Baséase no webtoon de Naver do mesmo nome creado por Kim Kan-bi e Hwang Young-chan, o cal rexistro máis de 1.200 millóns de visitas na rede. A serie estreouse a través de Netflix o 18 de decembro de 2020.[1][2]
Despois da morte de toda a súa familia nun accidente, o solitario Cha Hyun-soo múdase a un novo apartamento. A súa tranquila vida axiña se ve alterada cando comezan a ocorrer estraños incidentes no bloque de edificios. Pouco a pouco a xente convértese en monstros que toman a forma dos seus desexos ocultos. Nesa situación caótica, Hyun-soo e os outros residentes tentan sobrevivir.