Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de novembro de 1889 Ranafast, Irlanda (en) |
Morte | 27 de novembro de 1969 (80 anos) Letterkenny, Irlanda (pt) |
Educación | St Patrick's College |
Actividade | |
Ocupación | escritor, prosista, tradutor |
Pseudónimo literario | Máire |
Familia | |
Irmáns | Domhnall Ó Grianna Seosamh Mac Grianna Seán Bán Mac Grianna |
Séamus Ó Grianna, coñecido localmente como Jimí Fheilimí, nado en 1889 e finado en 1969, foi un escritor irlandés en lingua irlandesa. Empregou o pseudónimo de Máire
Naceu nunha familia de poetas e contadores de historias en Ranafast, Condado de Donegal, e foi á escola primaria até a idade de 14 anos. Pasou varios anos en casa e como traballador temporal en Escocia[1]. Asistiu a unha escola de verán de lingua irlandesa en 1910 e ensinou durante un tempo para a Liga Gaélica. Converteuse formalmente en profesor no St. Patrick's College, Dublín, entre 1912 e 1914, e ensinou principalmente no Condado de Donegal até 1920. Viuse envolto en liortas políticas e foi á cadea como republicano durante a Guerra Civil Irlandesa. Traballou como tradutor para An Gúm, no Servizo Civil Irlandés, e en dicionarios de irlandés no Departamento de Educación.