TET-1 / FireBird 1 / Technologieerprobungsträger 1 | |
---|---|
Representación de TET-1, en primeiro plano. | |
Tipo | Demostrador tecnolóxico |
Organización | DLR |
Contratistas principais | Kayser-Threde GmbH, Astrofein |
Data de lanzamento | 22 de xullo de 2012, 6:41 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz FG[3][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[3][6] |
Obxectivo da misión | Proba de novas tecnoloxías.[3][6] |
NSSDC ID | 2012-039D |
Masa | 120 kg[3] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 6803 km[1] |
Inclinación | 97,6 graos[1] |
Apoapse | 435,0 km[1] |
Periapse | 430,6 km[1] |
TET-1 (acrónimo de Technologieerprobungsträger 1), tamén coñecido como FireBird 1, é un satélite artificial da DLR alemá lanzado nun foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur o 22 de xullo de 2012.[2][3][5][6]
TET-1 é o elemento principal do programa alemán Verificación en Órbita (On-Orbit Verification Program, OOV) para probar novas tecnoloxías no espazo. Cunha masa de 120 kg, o satélite leva once experimentos a bordo. Foi inxectado nunha órbita heliosincrónica e o instrumento principal é unha cámara para lonxitudes de onda visibles e infravermellas capaz de detectar fenómenos de altas temperaturas como lumes forestais e volcáns.[3][5][6]