TRS-80 | |
---|---|
TRS-80 Modelo I | |
Información xeral | |
Fabricante | Tandy Corporation |
Información técnica | |
Sistema operativo | |
Procesador | Z-80 (1,77MHz) |
Memoria | |
Monitor | Monocromático |
TRS-80 ou TRS-80 Micro Computer System é unha familia de ordenadores que foi fabricada pola compañía Tandy Corporation, sendo unha das pioneiras da computación persoal, polo lanzamento do TRS-80 Modelo I. A sigla TRS é orixinada do nome da compañía Tandy mailo da Radio Shack. A familia era composta de varios modelos de ordenadores, desde o Modelo I ata o Modelo II e, despois, polos modelos Color, e tivo moito éxito nas vendas, o que incentivou outras empresas a produciren varios clones noutros países e dentro dos Estados Unidos, como o Max-80 (Estados Unidos), Aster CT-80 (Países Baixos) ou CP 500 (Brasil).[1][2]
A arquitectura do sistema era baseada nunha UCP formada polo microprocesador Zilog Z-80, que era mencionado polo número 80, do nome TRS-80. A velocidade de procesamento de datos era de 1,77 MHz e a capacidade de memoria RAM era de 4Kb. Como dispositivos periféricos de entrada e saída había un teclado de 53 teclas, porto serie e porto paralelo, conexión para fita casete e monitor monocromático, funcionando en modo texto de 64 x 16 en simultáneo co modo gráfico, é dicir, semigráfico de 128 x 48.[2][3]
Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |