Nome do club | Turn- und Sportverein Essen-Margarethenhöhe e.V. 1926 | ||
Fundado | 1926 | ||
Pavillón | Sporthalle Margarethenhöhe, Essen-Margarethenhöhe Sportpark Am Hallo, Essen | ||
Capacidade | 3.000 3.800 | ||
Presidente | Ulrich Gaißmayer | ||
Adestrador | Mark Dragunski | ||
Liga | 2. Handball-Bundesliga | ||
2009-10 | |||
Equipamentos |
|
O Turn- und Sportverein Essen-Margarethenhöhe e.V. 1926, abreviado TUSEM Essen ou tamén TuSEM Essen é un club polideportivo da cidade de Essen, Renania do Norte-Westfalia (Alemaña). Posúe seccións de fútbol, baloncesto, voleibol etc, aínda que a máis destacada é a súa sección de balonmán, cuxo primeiro equipo milita actualmente na 2. Handball-Bundesliga, a segunda categoría do balonmán alemán e que conta no seu palmarés con varios títulos nacionais e internacionais.
O TUSEM Essen foi un dos mellores clubs alemáns dos anos '80, década na que gañou as súas tres ligas (1986, 1987, 1989), unha das súas tres copas (88, 1991, 1992) e a única Recopa de Europa coa que conta logo de derrotar ao CSKA Moscova. Debido a problemas financeiros, o club non puido disputar a máxima competición alemá no 2005, pasando a competir no campionato rexional (3ª división) a pesar da súa vitoria na Copa EHF.