TVE HD | |
---|---|
Logo de TVE HD | |
Inicio das emisións | 17 de xuño de 2009 |
Fin das emisións | 31 de decembro de 2013 |
Operado por | TVE |
Propiedade de | RTVE |
Formato da imaxe | 16:9, 720p/1080i (HDTV) |
Slogan | Verás la diferencia |
País | España |
Lingua | Castelán |
Área de emisión | España Andorra América |
Sede central | Sant Cugat del Vallès |
Substituído por | La 1 HD |
Canle/s irmá(s) | La 1 La 2 Clan 24h Teledeporte TVE Internacional |
Na rede
| |
Páxina web en RTVE.es | |
TVE HD foi unha cadea de televisión en alta definición de Televisión Española que emitiu a través da TDT. Comezou as súas emisións o 17 de xuño de 2009 en Valladolid, e aumentou progresivamente a súa área de cobertura, chegando ata o 84% dos fogares españois en setembro de 2010.[1]
Emitiu en probas con calidade de imaxe 720p a 50 fotogramas por segundo e son Dolby Dixital Plus 2.0.
A programación da canle baseábase en reposicións de series que TVE ten en HD cando non é un simulcast con La 1, La 2 ou Teledeporte.
A canle cesou as súas emisións o 31 de decembro do 2013 para dar paso a La 1 HD, e tamén lanzaron a canle Teledeporte HD.[2]