A Táboa Económica foi un modelo económico descrito por primeira vez polo médico e economista francés François Quesnay en 1758, que sentou as bases da escola fisiócrata de economía.
Quesnay cría que o comercio e a industria non eran fontes de riqueza e, en troques, no seu manoscrito de 1758, que chamou Tableau économique (en galego, cadro económico) argumentaba que os excedentes agrícolas, ao fluíren a través da economía en forma de renda, salarios e compras, eran os motores económicos reais. En 1759, na imprenta de Versalles, publicou o Tableau, que consitía nunha representación gráfica e sintética do funcionamento da economía.
O modelo creado por Quesnay consistía en tres motores económicos. A clase "Propietaria" eran exclusivamente os terratenentes; a clase "Produtiva" eran tódolos traballadores agrícolas. A clase "Estéril" estaba formada polos artesáns e comerciantes. O fluxo de produción e/ou efectivo entre as tres clases comezaba na clase de propietarios porque eran os donos da terra e compraban materias das outras dúas clases. O proceso ten estes pasos (consultar Figura 1).
O comerciante é o mecanismo para exportar alimentos a cambio de importacións estranxeiras. O comerciante usa as 150 moedas recibidas do artesán para mercar comida do mercado, e suponse que saca a comida do país para cambiala por máis produtos estranxeiros.
O Tableau amosa a causa pola que os fisiócratas discrepaban de Cantillon sobre a exportación de alimentos. A economía produce un excedente de alimentos, e nin o agricultor nin o artesán poden permitirse o luxo de consumir máis que a un nivel de subsistencia de alimentos. Suponse que o terratenente está consumindo a un nivel de saciedade; polo tanto, non pode consumir máis. Como os alimentos non se poden almacenar de xeito doado, é preciso venderllos a alguén que os poida usar: aquí é onde o comerciante proporciona valor. Porén, o comerciante non é fonte de riqueza. Os fisiócratas crían que "nin a industria nin o comercio crean riqueza".[2] Unha "explicación plausible é que os fisiócratas desenvolveron a súa teoría a partir da situación real da economía francesa...", pois Francia era unha monarquía absoluta na que o grupo dos Terratenentes (ou propietarios) constituían entre 6-8% da poboación e posuían o 50% da terra ;[3] a agricultura contibuía co 80% da riqueza do país[2] e o segmento da poboación que non posúe terras "practica unha agricultura de subsistencia que produce o mínimo esencial e practicamente tódolos ingresos son absorbidos polas necesidades alimentarias".[3] Amais disto, as exportacións consistían, principalmente, en produtos agrícolas, por exemplo, viño.[3] Dado o efecto masivo da agricultura na economía francesa, o máis probable era que desenvolveran un modelo económico se empregara en beneficio do rei.
Os fisiócratas son os pioneiros do mevemento anti-mercantilista. o argumento de Quesnay contra a industria e o comercio internacional como alternativas á súa doutrina é dobre. En primeiro lugar, a industria non produce ganancia en riqueza; polo tanto, redirixi-la man de obra da agricultura á industria reduciría a riqueza xeral da nación. Ademais, a poboación expándese para encher a terra dispoñible e a subministración de alimentos; polo tanto, a poboación debe diminuír se o uso da terra non produce alimentos. En segundo lugar, a premisa básica dos mercantilistas era que un país debe exportar máis do que importa para gañar riqueza; mais iso implicaba que tiña máis recursos comerciables dos que precisa para o seu consumo interno. Daquela, Francia non tiña unha colonia coa capacidade de producir produtos elaborados ou semielaborados como Inglaterra (que tiña a India) ou Holanda (territorios en América do Norte, África e América do Sur). A súa principal presenza colonial foi no Caribe, o sur de América do Norte e o sueste de Asia, e como Francia, as colonias tamén tiñan economías baseadas na agricultura. O único ben que Francia tiña en exceso para exportar eran os alimentos; polo tanto, de aí proviña a súa teoría de que o comercio internacional baseado na produción industrial non producía tanta riqueza
No entanto, Quesnay non era anti-industria. foi realista na súa avaliación de que Francia non estaba en boa posición para crear un mercado industrial forte. O seu argumento era que os artesáns e os fabricantes virían a Francia só en proporción ao tamaño do mercado interno para os seus produtos.[4] Quesnay pensaba que "un país debía concentrarse na fabricación na medida en que a dispoñibilidade local de materias primas e man de obra axeitada lle permitira ter unha vantaxe de custos fronte aos seus competidores no estranxeiro".[4] Calquera cousa por riba deses custer debía adquirirse a través do comercio.
O Tableau économique acredítase como a "primeira formulación precisa" de sistemas interdependentes na economía e a orixe da teoría do multiplicador na economía.[5] En 1763, na obra Philosophie rurale ou économie générale et politique de l'agriculture, Quesnay comenta sobre o seu Tableau:
«O Tableau économique é a primeira regra de aritmética que se deu inventado para reducir ao cálculo exacto e preciso a ciencia elemental e a execución perpetua do mandato do Eterno: comerás o teu pan coa suor da túa fronte...»[6]
Un cadro análogo é o que se empregou na teoría da creación de cartos na banca de reserva fracionaria mediante a devolución dos depósitos, o que leva a multiplica-los cartos. Tamén a doutrina dos fondos salariais derivouse do Tableau, mais despois foi rexeitada.
Dende unha perspectiva económica contemporánea pódese concluír que:
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tableau économique ![]() |