Taiyo / SRATS | |
---|---|
Tipo | Científico |
Organización | ISAS |
Data de lanzamento | 24 de febreiro de 1975[1][2][3] |
Foguete portador | M-3C[2][4] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Uchinoura[2][3][4][5] |
Obxectivo da misión | Estudos aeronómicos.[2][3][4][5] |
Decaemento | 29 de xuño de 1980[1] |
NSSDC ID | 1975-014A |
Masa | 86 kg[4][2] |
Potencia | 15 W[4][2] |
Taiyo, tamén coñecido como SRATS (Solar Radiation and Thermospheric Satellite), foi un satélite artificial xaponés lanzado o 24 de febreiro de 1975 a bordo dun foguete M-3C desde o Centro Espacial de Uchinoura.[1][2][4][5]
Taiyo era un satélite lanzado a órbita para facer investigacións aeronómicas. Tiña forma de octógono de 75 cm de diámetro e 65 cm de altura e estabilizábase mediante xiro. Do corpo do satélite extendíanse catro sondas de plasma unidas a mastros de 0,5 m de longo. A alimentación eléctica era proporcionada por 6000 células solares que cubrían os lados do satélite e que producían ata 15 W de potencia.[1][2][4][5]
A misión do satélite era estudar a ionosfera mediante a observación simultánea da radiación solar ionizante, o albedo ultravioleta da Terra, a composición dos ións positivos e os parámetros do plasma na ionosfera.[1][2][4][5]
O satélite reentrou na atmosfera terrestre o 28 de xuño de 1980.[1][2][4][5]