O talwar ou tulwar é un sabre do Indostán, de folla curva, principalmente dun só fío e cuxa característica principal que os distingue doutros sabres turco-musulmáns é a súa característica empuñadura, de puño aplanado, curtos gabiáns rectos rematados en labores semicirculares, con aro gardamán que sae do gabián no lado no que cae o fío, acabando a empuñadura nun notable pomo de forma circular aplanada e rematando con apéndice de motivos naturais. Esta espada permite técnicas de esgrima diferentes e orixinarias da India.
A verba talwar provén do sánscrito taravāri (en sánscrito: तरवारि) que quere dicir "espada dun fío".[1]
Este sabre nativo da India xorde a partir do século XVI e é unha evolución ou copia —sobre todo pola súa folla— dos sabres kiliç turcos ou shamshir persa, e dos pulowar afgáns e khanda autóctonos hindús, dos que tomou parte do seu peculiar empuñadura e que ó cabo lle dará a súa propia identidade.
O feito de que sexa considerada un sabre con categoría propia é polas claras diferenzas con respecto dos sabres dos que proveñen e ás evolucións serodias destes últimos. Ademais, ó ser a arma que substituíu as demais espadas e sabres nativos indios, e por acabar os seus días como arma de parada da aristocracia, ó talwar recoñecéuselle o status de arma singular e non variante de.