Tapa, meiga punteada Zeugopterus punctatus | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Zeugopterus punctatus (Bloch, 1787) [1] | |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
A tapa ou meiga punteada,[3] é un peixe osteíctio da orde dos pleuronectiformes e familia dos escoftálmidos, cientificamente Zeugopterus punctatus (Bloch, 1787).[1][4]
A especie foi descrita por primeira vez en 1787 polo médico e naturalista alemán Marcus Elieser Bloch, co nome de Pleuronectes punctatus.[1]
De até 25 cm de lonxitude,[5][6] ten o corpo moi ancho, ovalado, cuberto de escamas adherentes, ctenoides no lado ocular e cicloides no lado cego.
E cor, no lado ocular, é parda escura con manchas negras.
Os ollos son pequenos, e están afastados dos bordos da cabeza, e ambos os dous cubertos parcialmente por escamas.
A boca é moi protáctil, con dentes pequenos en ambas as mandíbulas.
A aleta dorsal orixínase a nivel do ollo superior, a pectoral do lado ocular é maior que a do cego, as pelvianas, son simétricas e de igual tamaño, cos raios posterioresd firmemente unidos ao primeiro raio da aleta dorsal, e a aleta cualdal é bastante pequena.[6]
Vive nas costas do Atlántico N, desde de Trondheim (Noruega) até o mar Cantábrico, e en Terra Nova (Canadá).[5]
Normalmente encóntrase sobre fondos areosos, entre os 20 e os 30 m, e baixo as bateas mexilloeiras a uns 10 m de profundidade,[7] ou sobre fondos rochosos con algas, a pouca profundidade, alimentándose de peixes e crustáceos.[6]
Rodrígez Solórzano el al. citan a súa presenza en toda Galicia, especialmente na ría de Arousa e, en xeral, nas rías nas que abundan polígonos de mexilloeiras.[7]
Tapa é o nome lle dan Rodríguez Villanueva e Vázquez na súa obra Peixes do mar de Galicia (III),[6] que vén sendo un eufemismo (tamén usado polas xentes do mar) de tapaconas, nome que tamén se lle dá a outras varias especies de peixes planos, especialmente a Arnoglossus laterna (Walbaum).
Pola súa parte, para Lahuerta e Vázquez, no seu Vocabulario multilingüe, tapa é un sinónimo de meiga punteada, nome que lle adxudican estes autores á especie en cuestión,[3] aínda que as verdadeiras meigas ou rapantes pertencen ao xénero Lepidorhombus, da mesma familia, e de que as Normas para os nomes vulgares ou vulgarizados das especies biolóxicas recomendan, sempre que sexa posíbel, empregar nomes vulgares distintos para especies de diferentes xéneros (e de que, ademais, o epíteto punteada non está recollido no dicionario da RAG).
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tapa |