Tareixa

Tareixa[1][2] é un nome propio feminino galego. A súa orixe é incerta, quizais celta,[2] aínda que tradicionalmente se propuxo a relación co grego Tarasios ou Tarasía, relacionado co adiviño Tiresias. Porén, esta teoría está desbotada por improbable.[2] En galego tamén ten a variante Tereixa e os hipocorísticos Teruca, Tete e Teté.[2]

En xaneiro de 2023 existían 22 mulleres en Galicia co nome Tareixa, cunha media de idade de 28,8 anos.[3] Non hai persoas rexistradas coa variante Tereixa.

Este nome foi común no norte da Península Ibérica dende hai moitos séculos. Está documentado dende o século IV (a muller de san Paulino de Nola) e foi común entre as raíñas da dinastía galega-asturleonesa; na Idade Media a documentación galega recólleo como Tareija ou Tereija.[2]

Outras linguas

[editar | editar a fonte]
  • Teresa: castelán, dinamarqués, inglés, filipino, finés, alemán, italiano, noruegués, polaco portugués e sueco
  • Tereza: bretón, búlgaro, checo, grego, portugués, romanés, serbocroata e eslovaco
  1. Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
  3. Nome Tareixa na Web do Intituto Galego de Estatística

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]