Tawhaki Patera

Tawhaki
As imaxes de maior resolución de Tawhaki Patera, tomadas pola sonda Galileo. A imaxe en cor da esquerda foi tomada en xullo de 1999, e a fotografía en escala de grises foi tomada en novembro de 1999.
Tipo de accidente xeolóxico Patera
Accidente xeolóxico de Ío
Diámetro 49,85 km[1]
Profundidade 550 m[2]
Coordenadas 3,32° N 76,18° O[1]
Procedencia do nome Deus maorí do lóstrego.[1]

Tawhaki Patera é un cráter volcánico activo na superficie da lúa de Xúpiter, Ío. Está localizado no hemisferio de vangarda (cabeza) nas coordenadas 3,32° N 76,18° O, preto da zona ecuatorial da parte occidental de Media Regio. Tawhaki é un patera de Ío, un tipo de cráter volcánico moi semellante a unha caldeira, ten 49,8 kms de ancho e 550 m de profundidade.[1][2]

Tawhaki Patera foi visto por primeira vez coma unha mancha escura en imaxes de baixa resolución da Voyager 1 en marzo de 1979. Non se tivo constancia de actividade volcánica en Tawhaki ata setembro de 1997, cando foi observado un punto quente brillante dentro da emisión termal en lonxitudes de onda próximas ó infravermello, xusto cando Ío estaba na sombra de Xúpiter, a detección correu a cargo do instrumental da sonda Galileo.[3] Tawhaki puido ser visto tamén coma un punto quente cando Ío estaba baixo unha eclipse en novembro do ano 1997, durante a undécima órbita da Galileo. As altas temperaturas do periódo de erupción cesaron aproximadamente en maio de 1998.[4] Non se sabe con certeza se está dilación son cambios reais na actividade de Tawhaki ou se é debido á pobre resolución das imaxes da Voyager e do instrumental espectroscópico da Galileo (NIMS).[3]

Tawhaki Patera é un dos varios volcáns dos que se sospeita que sexa responsable da grande erupción do 2 de agosto de 1999, chamada 9908A, unha das maiores erupcións vista en Ío.[5] Aínda que as observacións de baixa resolución feitas dende a Terra non identificaron o volcán ou volcáns implicados na erupción, si definiron a posible zona da erupción, non máis ala do noroeste da Media Regio no hemisferio de vangarda de Ío.[6] O NIMS, a bordo da Galileo, detectou un punto quente entre os un e os cinco micrómetros en Tawhaki durante a 21ª órbita da sonda Galileo en xullo de 1999, un mes antes da erupción.[5] A metade sur de Tawhaki Patera foi vista pola cunha resolución de 260 metros por píxel durante un encontro con Ío o 26 de novembro de 1999, proporcionando así as imaxes de maior resolución que se posúen deste volcán.[4] Isto concorda coas observacións feitas en xullo de 1999, que amosaban o chan de Tawhaki con parte do material máis escuro da zona, suxerindo que esta lava de Tawhaki era moi recente, e tamén concorda coa actividade vista durante a misión da sonda Galileo.[2] Atopouse tamén unha gran canle de lava, chamada máis tarde Tawhaki Vallis, cara ao sueste. Esta canle podería estar relacionada coa anterior actividade de Tawhaki Patera, pero non existen imaxes da parte norte do patera e do canal, co cal non se pode aínda afirma-la relación directa entre estes dous accidentes xeolóxicos.[7] En agosto do 2001, o NIMS volveu a dectectar unha pequena subida no nivel de actividade de Tawhaki Patera.[8]

Este patera recibiu oficialmente o nome de Tawhaki no ano 2000, Tawhaki era o deus do lóstrego na mitoloxía maorí.[1] O equipo de imaxes da Galileo suxeriu o nome de Hine-i-tapeka Patera, pero foi escollido o actual Tawhaki Patera.[9]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Planetary Names: Patera, paterae: Loki Patera on Io". Consultado o 07-08-2010. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Bunte, M.; e o seu equipo. (2009). "Geologic mapping of the Hi’iaka and Shamshu regions of Io". Icarus. doi:10.1016/j.icarus.2009.12.006. 
  3. 3,0 3,1 McEwen, A. S.; e o seu equipo. (1998). "Active Volcanism on Io as Seen by Galileo SSI". Icarus 135: 181–219. doi:10.1006/icar.1998.5972. 
  4. 4,0 4,1 Keszthelyi, L.; e o seu equipo. (2001). "Imaging of volcanic activity on Jupiter's moon Io by Galileo during the Galileo Europa Mission and the Galileo Millennium Mission". Journal of Geophysical Research 106: 33025–33052. doi:10.1029/2000JE001383. 
  5. 5,0 5,1 Lopes, R. M. C.; e o seu equipo. (2001). "Io in the near infrared: Near-Infrared Mapping Spectrometer (NIMS) results from the Galileo flybys in 1999 and 2000". J. Geophys. Res. 106 (E12): 33053–33078. doi:10.1029/2000JE001463. 
  6. Howell, R. R.; e o seu equipo. (2001). "Ground-based observations of volcanism on Io in 1999 and early 2000". J. Geophys. Res. 106 (E12): 33129–33139. doi:10.1029/2000JE001382. 
  7. Schenk, P. M.; D. A. Williams (2004). "A potential thermal erosion channel on Io". Geophysical Research Letters 31: L23702. doi:10.1029/2004GL021378. 
  8. Lopes, R. M. C.; e o seu equipo. (2004). "Lava lakes on Io: Observations of Io’s volcanic activity from Galileo NIMS during the 2001 fly-bys". Icarus 169: 140–74. doi:10.1016/j.icarus.2003.11.013. 
  9. Phillips, Cynthia (01-07-1999). Planetary Image Research Laboratory, ed. "Io Name Bank". Arquivado dende o orixinal o 14-06-2011. Consultado o 11-08-2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]