O teatro físico é unha técnica de interpretación teatral que comezou no século XIX e que se caracteriza por construír personaxes e as súas emocións mediante accións. Con esta técnica, os actores poden traballar en monólogos, diálogos e todo tipo de obras teatrais, clásicas ou modernas.
Naceu buscando a liberdade expresiva e a "protección psicolóxica" dos actores, xa que non necesitan "sentir" o que sente o seu personaxe, nin buscar no seu pasado nin no seu interior estas emocións, nin a calidade da súa interpretación depende do estado de ánimo, mental e emocional do momento.
Oponse ao método de Lee Strasberg, no que parte das emocións para crear as accións e así crear o personaxe.
Desenvolvido pola commedia dell'arte, actualmente fusiona tamén técnicas de danza, artes marciais, clown, circo etc.[1]
Algúns artistas dos que aplicaron e desenvolveron o teatro físico son Antonin Artaud, Pina Bausch, Jerzy Grotowski, Vsévolod Meierhold, Peter Brook, Jacques Lecoq, Eugenio Barba, Étienne Decroux, Ariane Mnouchkine e Tadashi Suzuki.[2] [3]
![]() |
Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |