Teide 1

Teide 1
tamaños relativos
Tamaño estimado en relación co Sol, coa anana marrón Gliese 229, coa anana marrón Gliese 229B e con Xúpiter
Créditos: American Scientist/Linda Huff
Data de observación
Época X2000.0      Equinoccio X2000.0
Constelación Taurus
Ascensión recta 3h 47m 18.0s
Declinación +24° 22′ 31″
Magnitude aparente (V) 17.76
Características
Tipo espectral M8
Astrometría
Paralaxe (π)8,40mas
Distancia400 al
(120 pc)
Magnitude absoluta (MV)12,38
Detalles
Masa0,052 M
Raio~0,1 R
Gravidade superficial (log g)6,6
Luminosidade0,001 L
Temperatura2.600 ± 150[1] K
Idade120 Ma

Teide 1 é unha estrela anana marrón, a primeira en ser verificada no 1995. Esta anana marrón está localizada no cúmulo estelar aberto das Pléiades, aproximadamente a uns 400 anos luz da Terra.

Características

[editar | editar a fonte]

A magnitude aparente deste deslucido obxecto é de 17,76, tan pouco brillante é que só é posible velo a través dun telescopio de afeccionado de gran tamaño. Se estivese a uns 10 parsecs do noso planeta, amosaríase 70 veces máis brillante (magnitude absoluta 12,38) que se estivese a unha distancia duns 120 parsecs.

Este obxecto é máis masivo cós planetas (55 MX), pero menos masivo cás estrela (0,052 MS). O raio desta anana marrón é un pouco maior co raio de Xúpiter (unha décima parte raio solar). A súa temperatura superficial é só de 2600 ± 150 K,[1], o cal é, máis ou menos, da metade da do noso Sol. A súa luminosidade é 0,1% cá do noso Sol, quere isto dicir que a radiación emitida polo noso Sol en catro horas é equivalente a emitida por Teide 1 en máis ou menos seis meses. A súa idade é só duns 120 millóns de anos (ou 3,8 petasegundos) o cal é só o 3% da idade na nosa estrela.

Esta anana marrón está o suficientemente quente para fusionar litio no seu núcleo, pero non o suficiente para fusionar hidróxeno coma no caso do noso Sol.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]