Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Telenor Denmark é unha compañía de telefonía móbil danesa cunha base de clientes superior os 1.400.000. Desde o 12 de febreiro de 2004, foi unha subsidiaria da compañía de telefonía móbil noreguesa Telenor. Antes do 15 de xuño do ano 2009 era coñecida co nome de Sonofon.
Sonofon e Cybercity uníronse no ano 2006 para formar unha alianza. Desde o 15 de xuño de 2009 as dúas marcas uníronse e cambiaron o nome ao de Telenor].
Cybercity iniciou unha cooperación estreita con Sonofon, compartindo a súa sede en Frederikskaj, Copenhague (onde Sonofon tiña as súas oficinas aloxadas), esta cooperación estreita chegou tan lonxe como que tamén tiña traballadores contratados de Sonofon ademais dalgúns departamentos de atención ao cliente.
En maio de 2007, Telenor anunciou a compra do seu competidor ISP Tele2,[1] trala aprobación da comisión danesa do monopolio da compra de Tele2 por parte de Telenor. Máis tarde, a aprobación foi anunciada á prensa.[2]
Cybercity era o nome que tiña a compañía para vender as liñas de Internet propiedade de Telenor. A compañía chegaba a toda Dinamarca coa súa rede de Internet, e daba servizo tanto a clientes particulares como ós de empresas.[3] Contaba con máis de 380 empregados.