Canal 7 é unha rede pública arxentina de televisión que ofrece programación en castelán. Tamén é unha empresa do estado arxentino que explota a licenza LS 82 TV Canal 7 da televisión do país, que transmite desde a cidade de Buenos Aires. Especializouse en programación xeralista, facendo énfase no cultural e documentais, algunhas veces en colaboración coa Universidade de Bos Aires, e tamén ten un servizo de noticias, que transmite, entre outras cousas, a maioría dos actos do goberno. Na actualidade xa non é a prioridade da canle, tamén difunde contidos de ficción. A canle foi fundada o 17 de outubro de 1951, iniciase como a primeira canle de transmisión na Arxentina e é, actualmente, a única canle do aire baixo a órbita estatal.
Canal 7 transmite os seus programas na maioría do territorio arxentino.