Televisión de varrido lento

Imaxe recibida por televisión de varrido lento

A televisión de varrido lento, coñecido tamén polas siglas inglesas SSTV (Slow Scan Television), é un método de transmisión de imaxes utilizado principalmente por operadores de radio afeccionada para transmitir e recibir imaxes estáticas, monocromáticas ou en cor, mediante a radio.

Unha emisión de televisión normal require unha canle de 5.5 ou 6 MHz ao transmitir 25 ou 30 imaxes por segundo (nos sistemas NTSC, PAL ou SECAM ), pero a SSTV normalmente só leva un máximo de 3 kHz de largo de banda, así e todo é un método lento de transmisión, entre 8 segundos e un par de minustos, dependendo do modo usado, para transmitir unha imaxe.

A televisión de varrido lento opera en frecuencias de voz, que os afeccionados empregan este sistema nas bandas de onda curta, aínda que é posible realizalo tamén en VHF e UHF.

O concepto da SSTV débese a Copthorne Macdonald[1] que entre 1957 e 1958 desenvolveu o primeiro sistema SSTV utilizando un monitor electrostático e un tubo vidicón, empregando 120 liñas e 120 pixeles por liña para transmitir unha imaxe en branco e negro nunha canle de 3 KHz. A Unión Soviética tamén desenvolveu o seu propio sistema que se usou para transmitir imaxes desde o espazo, comezando por aquelas do lado escuro da Lúa transmitidas desde o Luna 3 [2] en outubro de 1959, tamén a NASA utilizou un sistema SSTV para transmitir imaxes desde o espazo. Na actualidade utilízanse programas de ordenador para a recepción das imaxes.

  1. Emily Harwood Digital CCTV. A Security Professional's Guide, p.40
  2. "Astrosurf". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 08 de novembro de 2010.