Tenzón

Na tenzón interveñen dous interlocutores con teses contrarias.

A tenzón é unha cantiga de xénero xocoso[1], que constitúe un xénero menor da lírica occitana[2] elaborada en forma de debate aberto entre dous e ás veces máis poetas[3] que defenden cadansúa tese ao tempo que rexeitan aqueloutra que propón o contrario. É tamén un subxénero da lírica medieval galego-portuguesa en que aparecen as críticas mutuas entre xograres e trobadores.

Características

[editar | editar a fonte]

A tenzón é un xénero menor das cantigas de escarnio. É unha cantiga de carácter dialogado en que, polo xeral, un dos interlocutores fala nunha estrofa e outro na seguinte. Na Arte de Trobar dise que as tenzóns poden ser de amor, de amigo ou de escarnio, mais hoxe téndese a falar de tenzóns coma unha variedade das cantigas de escarnio e maldicir.

Nesta composición dialogan un trobador e un xograr, co interese conseguinte da diferenza social e cultural que podían presentar. O primeiro que intervén elixe o argumento, o outro debe responder aténdose ó mesmo esquema métrico e rítmico. Hai pois unha tendencia á ridiculización pública e son, sen dúbida ningunha, a mellor crónica da vida e da sociedade da época.

Consérvanse trinta tenzóns galego-portuguesas: vinte e oito son burlescas e só dúas son de amor. Este xénero tivo o seu apoxeo na época de Afonso X o Sabio, xa que case todas corresponden ao período entre 1250 e 1280.

  1. Henrique Monteagudo. Tres poetas medievais da Ría de Vigo. Galaxia, 1998, páxina 72
  2. William Doremus Paden Medieval lyric: genres in historical context. Urbana, 2000, páxina 28
  3. Frank M. Chambers An introduction to old Provençal versification, 1995. American Philosophical Society, páxina 41

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]