A teoría neutral unificada da biodiversidade e a bioxeografía (tamén teoría neutral, teoría unificada ou UNTB) é unha hipótese e o título dun monográfico feito polo ecólogo Stephen P. Hubbell.[1]
A hipótese pretende explicar a diversidade e a abundancia relativa das especies nas comunidades ecolóxicas, e tal coma outras teorías neutrais na ecoloxía, a hipótese de Hubbell asume que as diferenzas entre os membros dunha comunidade de especies semellantes a nivel trófico son "neutrais" ou irrelevantes para o seu éxito de supervivencia. Isto implica que a biodiversidade xorde de xeito aleatorio por cada especie seguir un camiño aleatorio (véxase o concepto matemático deste).[2] A hipótese está a causar controversia e outros autores están considerando versións máis complexas ou modelos nulos que se axustan mellor aos datos obtidos.[3]
A neutralidade significa que a un nivel trófico determinado nunha cadea trófica, as especies son equivalentes nas taxas de nacemento, morte, dispersión e especiación cando se miden ao nivel per cápita.[4] Isto pódese considerar unha hipótese nula para o nicho ecolóxico. Hubbell asentouse en conceptos neutrais anteriores como a Teoría de bioxeografía de illas de MacArthur e Wilson'[1] e o concepto de simetría e modelo nulo de Gould.[4]
Unha comunidade ecolóxica é un grupo de especies simpátricas a nivel trófico semellantes que nun momento determinado ou potencialmente competiran nunha área local polos mesmos recursos ou moi semellantes.[1] Baixo a Teoría Neutral, as interaccións ecolóxicas complexas están permitidas entre os individuos dunha comunidade ecolóxica (como a competición e a cooperación) sempre e cando todos os individuos obedezan as mesmas regras. O fenómeno de asimetría, como o parasitismo e a predación están regradas baixo os termos de referencia, mais as estratexias competitivas como o enxame e as interaccións negativas como a competición por recursos limitados ou a luz están permitidos (sempre e cando todos os individuos se comporten do mesmo xeito).
A Teoría Neutral tamén fai predicións que teñen consecuencias moi directas na xestión da conservación da biodiversidade, especialmente na xestión da conservación das especies raras ou infrecuentes.
A teoría predí que a existencia dunha biodiversidade fundamental a un nivel constante, e que habitualmente se representa como θ, e que semella gobernar a riqueza de especies nunha ampla variedade de escalas temporais e espaciais.
Inda que non é estritamente necesario para a Teoría Neutral, moitos modelos estocásticos da biodiversidade asumen un tamaño fixo e finito da comunidade. Existen constricións físicas insalvables no número total de individuos que poden ser acollidos nun mesmo espazo (inda que o espazo de por si non é un recurso estritamente necesario, é habitual que sexa unha variable útil para a limitación de recursos que se distribúen nun espazo, e para isto temos ao factor de luminosidade e o hóspede nos caso dos parasitos para entendermos este concepto).
Se un amplo rango de especies se considera (como as árbores da gran sequoia e plantas acuáticas flotantes de Lemnaceae atópase que a asunción do tamaño constante da comunidade non pode ser moi bo xa que a densidade sería maior se as especies pequenas foran monodominantes. Porén, xa que a Teoría Neutral se refire só as comunidades similares a nivel trófico, especies en competición, é pouco probable que a densidade de poboación varíe demasiado dun lugar a outro.
Hubbell considera o feito de que a densidade das poboacións sexa constante e interprétao como un principio xeral: as grandes contornas están sempre bioticamente saturadas con individuos. Hubbell, deste xeito, trata as comunidades como se foran un número fixo de individuos, habitualmente indicado como J.
As excepcións para o principio de saturación inclúen os ecosistemas perturbados como o Serengeti, onde as mostras son esmagados cos pés por elefantes e ñus ou en xardíns onde certas especies son sistematicamente eliminadas.
Cando os datos de abundancia en poboacións naturais se recollen hai dúas observacións que son case universais:
Estas observacións implican un gran número de preguntas, como porqué as especies máis abundantes o son moito máis que as especies de abundancia media.
Unha explicación non neutral para a rareza das especies raras, infrecuentes, suxire que esa rareza é resultado dunha pobre adaptación ás condicións locais. O UNTB indica que tal consideración podería ser desestimado grazas á perspectiva da bioloxía de poboacións, xa que a explicación citada para iso das raras especies ten un comportamento diferente para a abundancia de especies.
A composición de especies en calquera comunidade vai a cambiar aleatoriamente ao longo do tempo. Porén, calquera estrutura de abundancia particular vai a ter unha probabilidade asociada. A UNTB predí que a probabilidade dunha comunidade de J individuos composta de S especies diferentes con abundancias para 1 especie, para 2 especies e sucesivamente ata para a S especies, é de:
onde é o número fundamental da biodiversidade ( a taxa de especiación) e and o número de especies que teñen i individuos na mostra.
Esta ecuación mostra que a UNTB supón un equilibrio de diversidade e dominancia non trivial entre a taxa de especiación e a de extinción.
Como exemplo, considérese unha comunidade con 10 individuos e tres especies "a", "b", e "c" con abundancias de 3, 6 e 1 respectivamente. Con isto, a fórmula de enriba permítenos o cálculo da función de probabilidade de diferentes valores de θ. Hai con isto S = 3 especies e , sendo todo xunto de igual a cero. A fórmula daríanos:
que podería ser maximizada para obter unha estimación de θ e para o cal úsanse na práctica métodos numéricos. A estimación da máxima probabilidade para θ é de arredor de 1.1478.
Poderíanse ter etiquetado as especies doutro xeito e a conta de abundancias ser no canto de 1,3,6 (ou 3,1,6 etc.). A lóxica fai asumir que a probabilidade de observar o patrón de abundancias será o mesmo observando calquera permutación desas abundancias. Así teríamos
e sucesivamente.
Para ter en conta isto, é de axuda considerar só o rango de abundancias de xeito ordenado (isto é, ordenar as abundancias antes de inserilas na fórmula). Unha configuración de dominancia-diversidade escríbese habitualmente como onde é a abundancia da especie i-ava máis abundante. : é a abundancia da especie máis abundante, da segunda especie máis abundante e sucesivamente. Por utilidade, a expresión adóitase agrupar con suficientes ceros e asegurarse de que hai J especies (os ceros indican as especies extra que teñen abundancia nula, cero).
Con isto é posible determinar o valor esperado de abundancia para a i-ava da especies máis abundante:
onde C é o número total de configuracións, é a abundancia da i-ava especie en rango de abundancia de especies na k-ava configuración e onde é a probabilidade de dominancia-diversidade. Esta fórmula é difícil de manipular matematicamente inda que é relativamente sinxela de simular en computación.
O modelo que se discutiu ata a gora é para unha comunidade rexional, co que Hubbell chama a metacomunidade. Hubbell tamén recoñece as escalas locais, onde a dispersión exerce un rol esencia. Póñase por caso, as sementes é máis probable que procedan de parentais máis achegados a ese lugar que de parentais aloxados a maior distancia. Con isto, Hubbell introduciu o parámetro m, que determina a probabilidade de inmigración na comunidade local dende a metacomunidade. Se m = 1 a dispersión está ilimitada e a comunidade local non é máis que unha mostra aleatoria da metacomunidade, co que as fórmulas indicadas antes son aplicables. Mais se m < 1, pola contra, a dispersión limita a comunidade local co que a comunidade local é unha mostra limitada pola dispersión dende a metacomunidade, e para a que habería que aplicar outras fórmulas.
O valor de , o número de especies que se esperaban con abundancia n, pódese calcular con[5]
onde θ é parámetro fundamental da biodiversidade, J o tamaño da comunidade, a función gamma e . Esta fórmula, porén, non deixa de ser unha aproximación. A súa correcta forma é[6]:
onde é o parámetro que mide a limitación da dispersión.
é cero para n > J, xa que non pode haber máis especies que individuos.
Esta fórmula é importante xa que permite unha rápida avaliación da Teoría Neutral. Non é axeitada para comprobar a teoría. Con ese fin a función de máxima probabilidade é a que ten que ser usada. Para as metacomunidades iso foi indicado antes. Para as comunidades locais con limitación da dispersión está determinada por:
Onde o for son coeficientes completamente determinados polos datos, sendo definidos como
Esta fórmula que semella complexa implica números de Stirling e símbolos Piochhammer, pode, porén, ser facilmente calculada. Véxase [1]
Un exemplo da curva de abundancia de especies pódese atopar aquí:[2].
O UNTB distingue entre as comunidades locais limitadas pola dispersión de tamaño e as chamadas metacomunidades das que as especies poden volver a inmigrar e, co cal, a que actúa como un foco calórico para a comunidade. A distribución de especies na metacomunidade prodúcese por un equilibrio dinámico entre a especiación e a extinción. Ámbalas dúas dinámicas de comunidade están modeladas polo problema da urna, onde cada individuo está representado como unha bóla cunha cor representando a especie á que pertence. A unha certa taxa reprodúcense os individuos escollidos aleatoriamente, i.e. engádese outra bóla da súa mesma cor á urna. Xa que unha das asuncións básicas é a saturación, esta reprodución ten que acontecer co custo doutro individuo aleatorio ser eliminado da urna. A unha taxa diferente individuos únicos da metacomunidade son substituídos por mutantes dunha nova especie. Hubbell chámalle a este modelo simplificado de especiación o dunha mutación puntual, usando a terminoloxía do Modelo neutral da evolución molecular. A representación gráfica da urna para a metacomunidade de é a seguinte.
A cada momento no tempo acontecen dúas das seguintes posibilidades:
Enténdase que o tamaño da metacomunidade non cambia. Apréciese tamén que isto é un proceso puntual ao longo do tempo. A largura dos pasos temporais distribúese exponencialmente. Por simplificar, pódese asumir que cada punto temporal é tan longo como a media de tempo entre dous cambios que poden ser derivados das taxas e de reprodución e de mutación. A probabilidade obténse como .
A distribución de especies abundancia para este proceso de urna obtense coa fórmula de mostraxe de Ewen, que orixinariamente se desenvolveu no 1972 para o cálculo da distribución dos alelos baixo o modelo neutral de mutacións. O número esperado de especies na metacomunidade tendo exactamente os mesmos individuos[7] é
onde a chámaselle o número fundamental da biodiversidade. Para metacomunidades máis grandes e con un recupérase a distribución logarítmica como distribución de especies.
O modelo de urnas para a comunidade local de tamaño fixo é moi semellante ao da metacomunidade.
A cada paso no tempo realízanse unha das dúas seguintes accións:
A metacomunidade está cambiando a unha escala temporal moito máis longa e asúmese que é fixa durante a evolución da comunidade local. A distribución de especies resultantes na comunidade local e os valores esperados dependen de catro parámetros: , , e (ou ); e pódense derivar[6] incluíndo varios casos límite simplificantes como un dos presentados na sección anterior (o alí chamado ).
O parámetro é unha medida de dispersión. Se a comunidade local é simplemente unha mostra da metacomunidade. Para a comunidade local está completamente illada da metacomunidade e todas as especies extinguiranse agás unha soa. Este último caso foi analizado por Hubbell[1]. O caso no que está caracterizado por unha distribución de especies unimodal nun diagrama de Preston e axústase polo corrente a unha distribución log-normal. Isto enténdese como un estadio intermedio entre a dominancia dunha das especies máis habituais e unha mostra da metacomunidade, onde as especies singleton son as máis abundantes. O UNTB predí que nas comunidades con dispersión limitada as especies infrecuentes convértense nas máis raras. A distribución log-normal describe o máximo e a abundancia das especies comúns moi ben mais, porén, subestima considerablemente o número de especies moi raras e que aparecen só en tamaños de mostra moi amplos [1].
A teoría neutral xongue a biodiversidade, como medida das curvas de especie-abundancia, coa bioxeografía, como medida das curvas de especies-área. A relación entre as especies-área mostra a taxa coa cal a diversidade de especies aumenta coa área en consideración. Este punto e de grande interese na bioloxía de conservación e no deseño de reservas, como é o habitual ante a consideración da preservación do maior número de especies posible.
A relación aprezada máis habitualmente é a Lei potencial que dá
onde S é o número de especies atopadas, A é a área mostreada e c e z son constantes. Esta relación, con diferentes constantes, foi a que se ten comprobado que se axusta a unha ampla cantidade de datos empíricos.
Dende a perspectiva da Teoría neutral, é conveniente considerar S como unha función do tamaño total da comunidade, J. Con isto dáse que para unha constante k, e se a relación fora exactamente verdadeira, a a liña de especies área sería unha recta en escala logarítmica. Tipicamente atópase que a curva non é totalmente recta mais si cuns amplo aumento ao comezo en escalas pequenas, máis recta en áreas intermedias e plana en áreas longas.
A fórmula da composición de especies pódese usar para calcular o número esperado de especies presentes na comunidade baixo as asuncións da Teoría neutral. En símbolos
onde θ é o número esencial da biodiversidade. Esta fórmula especifica o número de especies que se agarda na mostraxe dunha comunidade de tamaño J. O último termo, , é o número esperado de novas especies que se atopan cando se engade un novo individuo á comunidade. Este é unha función en aumento de θ e unha función decrecente de J, tal e como se esperaba.
Facendo a substitución de (véxase a sección de saturación de enriba), logo, o número de especies que se espera pasa a ser .
A fórmula de enriba podería ser unha aproximación a unha integral dando
Esta formulación aséntase na substitución aleatoria de individuos.
Téñase como base o seguinte conxunto de datos (creado artificialmente) de 27 individuos:
a, a,a, a,a, a,a, a,a, a,b, b,b, b,c, c,c, c,d, d,d, d,e, f,g, h,i
Hai, con isto, 27 individuos de 9 especies (da a a i) no exemplo posto. Tabulando os datos temos que:
a b c d e f g h i 10 4 4 4 1 1 1 1 1
onde a especie "a" é a máis abundante por ter 10 individuos e as especies "e" e "i" son singletons, por só ter un individuo cada unha. A tabulación da táboa dános:
abundancia de especies 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 número de especies 5 0 0 3 0 0 0 0 0 1
Na segunda fila, o 5 na primeira columna indica que hai cinco especies, da "e" á "i", que teñen unha abundancia dun individuo. Os ceros da columna 2 e 3 significan que non hai especies, cero especies, con abundancias de 2 e 3, e así sucesivamente.
Este tipo de conxunto de datos é o típico en estudos de biodiversidade. Apréciese que máis ha metade da diversidade, como reconto de especies, é por mor de singletóns.
En conxuntos de datos reais, a abundancia de especies están clasificados en categorías en base logarítmica, habitualmente con base 2, o que agrupa en categorías de abundancia de 1 a 2, de 4 a 8 etc. Estas clases de abundancias son chamadas oitavas, por indicación dos desenvolvedores deste concepto como F. W. Preston, e histogramas mostrando o número de especies como función da abundancia en oitavas, o que se coñece como Diagrama de Preston.
Os lindes indicados non son mutuamente excluíntes, xa que especies con abundancia 4 pódense clasificar baixo o abano de 2-4 ou na seguinte clase de 4-8. As especies coa abundancia exacta dun factor exponencial de base 2 (i.e, 2, 4,8, 16,...) considéranse habitualmente como metade e metade de formar parte dos grupos lindantes, o 50% do de menor clase de abundancia e o 50% do de maior clase de abundancia. Esas especies considéranse que están distribuídas simetricamente entre as dúas clases adxacentes, agás dos singletóns que se clasifican como a categoría máis rara. Así que co exemplo anterior, as abundancias de Preston serían as seguintes
clase de abundancia 1 1-2 2-4 4-8 8-16 especies 5 0 1.5 1.5 1
As tres especies de abundancia catro, con isto, aparecen 1.5 veces na clase de abundancia 2-4 e 1.5 veces na de 4-8.
O método anterior de análise non se pode ter en conta para especies que non foron mostreadas, isto é, as especies que son bastante raras, infrecuentes, e que foron rexistradas cero veces. Os diagramas de Preston están, polo tanto, truncados na abundancia cero. Preston chamoulle a isto a liña de velo e que se denota como o punto de corte que se move cando se mostrean máis individuos.
Todos os patróns de biodiversidade que se describiron ata agora están relacionados con cantidades non suxeitas a parámetros temporais. Porén, considerando a evolución da biodiversidade e a preservación de especie, é vital comparar a dinámica dos ecosistemas con modelos[8]. Un índice facilmente accesible da evolución subxacente é a chamada distribución de cambio de especies, definida como a P(r,t) de que a poboación de calquera especie teñan variado nunha fracción de r despois dun tempo t.
Un modelo neutral pode analiticamente predicir a abundancia relativa de especies (RSA) tanto en estadio estacionario como en dinámica temporal de especies[9]. Neste marco conceptual, a poboación de calquera especie represéntase como unha variable x (aleatoria) continua, que ten unha evolución gobernada pola seguinte ecuación de Langevin:
onde b é a taxa de inmigración dunha comunidade rexional ampla, a representación da competición por recursos finitos e D é a variable relacionada coa estocasticidade demográfica; é ruído branco de Gauss. O modelo pódese derivar tamén como unha aproximación continua da ecuación principal, onde as taxas de nacemento e morte son independentes das especies e predí que en estado estacionario a RSA é simplemente unha distribución gamma.
A partir da solución exacta dependente do tempo da ecuación anterior, pódese calcular exactamente a STD no tempo t baixo as condicións estacionarias:
Esta fórmula ofrece bos axustes cando se aplica aos datos recolleitos nos bosques tropicais de Barro Colorado de 1990 ao 2000. A partir do mellor axuste obtense unha estimación de de ~ 3500 anos, cunha incerteza ampla debida ao tempo relativo do intervalo de recollida de mostras. Este parámetro pódese interpretar como o tempo de relaxación do sistema, i.e,. o tempo que o sistema necesita para recuperarse dunha perturbación da distribución de especies. No mesmo modelo, a estimación da vida media das especies apréciase que se aproxima de xeito óptimo á escala temporal . Isto suxire que a asunción neutral poderíase corresponder cun escenario no que as especies se orixinan e se extinguen na mesma escala temporal ou en flutuacións de todo o ecosistema.
A teoría provocou moita controversia xa que "abandona" o rol da ecoloxía na modelaxe dos ecosistemas.[10] A teoría foi criticada por requirir un equilibrio cando as condicións climáticas e xeográficas pénsase que cambian ben a miúdo como para que isto sexa así.[10] A comprobación sobre datos en aves e árbores demostra que a teoría é habitualmente pobre casando os datos que a hipótese nula alternativa que usa menos parámetros (un modelo log-normal con dous parámetros axustables, comparado co punto terceiro do modelo neutral [3]), e que co cal son máis parsimonioso.[2] A teoría tamén falla a hora de describir as comunidades dos arrecifes de coral.[11] Igualmente, non é quen de explicar o porqué as familias de árbores tropicais están estatisticamente correlacionadas a un nivel alto con gráficos de masas forestais distantes como as da América do Sur e Central e o Surés de Asia.[12]
Inda que a teoría foi valorada como unha ferramenta útil para a paleontoloxía [4], hai pouco traballo até o de agora que puidera comprobar a súa validez no rexistro fósil.[13]