Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de setembro de 1934 Illa de Rarotonga, Illas Cook |
Morte | 9 de xullo de 2012 (77 anos) |
6º Deputy Prime Minister of the Cook Islands (en) | |
9 de agosto de 2005 – 23 de decembro de 2009 ← Geoffrey Henry – Robert Wigmore → | |
Deputy Prime Minister of the Cook Islands (en) | |
30 de xaneiro de 2003 – 5 de novembro de 2003 – Ngamau Munokoa → | |
6º Primeiro-ministro das Ilhas Cook (pt) | |
18 de novembro de 1999 – 11 de febreiro de 2002 ← Joe Williams | |
Deputy Prime Minister of the Cook Islands (en) | |
1985 – 1 de febreiro de 1989 – Inatio Akaruru (en) → | |
Deputado do Parlamento das Illas Cook | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Nova Zelandia |
Educación | Universidade de Auckland Universidade de Ámsterdam College of Medicine, Nursing & Health Sciences (en) |
Actividade | |
Ocupación | político , diplomático |
Partido político | Partido Demócrata |
Familia | |
Cónxuxe | Marito Maoate |
Premios |
Terepai Tuamure Maoate, nado o 1 de setembro de 1934 en Rarotonga e finado o 9 de xullo de 2012, foi un médico e político das Illas Cook que foi primeiro ministro do 18 de novembro de 1999 ao 11 de febreiro de 2002.
Estudou na Escola de Medicina de Fidxi e na Universidade de Auckland, traballou como médico en diversas illas do país e como cirurxián xefe do Hospital de Rarotonga ata que en 1976 nomeárono director de Servizos Clínicos do Ministerio de Saúde.[1] En 1983 entrou no Parlamento representando á circunscrición de Ngatangiia como demócrata, foi ministro de Saúde e Agricultura no gabinete de Tom Davis e de 1985 e 1989 foi tamén viceprimeiro ministro.[1] En 1998 Maoate converteuse no novo líder do Partido Demócrata e líder da oposición, logo das eleccións de 1999 que non lle deron maioría absoluta a partido ningún, o Parlamento elixiou a Maoate primeiro ministro[2] ata que o seu viceprimeiro ministro Robert Woonton o depuxo o 11 de febreiro de 2002,[3] pasando a ser o líder da oposición.
No comezo do ano 2003 uníronse as dúas fraccións nas que se dividira o Partido Demócrata[4] e Maoate volveu ao gabinete como viceprimeiro ministro substituíndo ao líder do Partido das Illas Cook Geoffrey Henry.[5]. Non obstante Maoate renunciou[6] e propuxo unha moción de confianza ao goberno en novembro[7]. A escisión dun grupo de parlamentarios demócratas en 2004 impediulle ser elixido primeiro ministro logo das eleccións de 2004 pero volveu ser nomeado viceprimeiro ministro en 2005[8], o que engadiu en xullo de 2009 a carteira de Asuntos Exteriores.
En decembro de 2009 destituíron a Maoate como viceprimeiro ministro en favor de Robert Wigmore, provocando a dimisión masiva dos ministros demócratas[9][10] e a retirada do apoio ao goberno En xuño de 2010 Wigmore substituíuno como o líder dos demócratas[11]
Para as eleccións de 2010 intentou ser elixido como o candidato demócrata pero perdeu nas primarias[12], decidindo concorrer como independente[13] sen conseguir escano.[14]
Maoate leva o título tradicional de Maoate Mataiapo baixo a dinastía Pa Ariki da vaka Takitumu. En 2007 a raíña nomeouno cabaleiro da Orde do Imperio Británico.[15] e ten un fillo, Terepai Maoate tamén político.