Nome orixinal | (es) María Teresa Gertrudis de Jesús Carreño García de Sena |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 22 de decembro de 1853 Caracas, Venezuela |
Morte | 12 de xuño de 1917 (63 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Lugar de sepultura | Panteón Nacional de Venezuela |
Actividade | |
Ocupación | compositora, pianista, directora de orquestra, cantante de ópera |
Período de actividade | 1863 - |
Xénero artístico | Música clásica |
Profesores | Louis Moreau Gottschalk (pt) |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Piano |
Familia | |
Cónxuxe | Eugen d'Albert (1892–1895) Giovanni Tagliapietra (1877–1889) Émile Sauret Arturo Tagliapetra |
Fillos | Eugenia Harris-D'Albert () Eugen d'Albert Hertha Weber-D'Albert () Eugen d'Albert |
Pai | Manuel Antonio Carreño |
Descrito pola fonte | Dicionario Musical Riemann (1901–1904) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Obálky knih, |
María Teresa Gertrudis de Jesús Carreño García, coñecida como Teresa Carreño, nada en Caracas o 22 de decembro de 1853 e finada en Nova York o 12 de xuño de 1917, foi unha compositora, pianista e cantante venezolana.
Filla de Manuel Antonio Carreño, quen a introduciu sendo moi nova no mundo da música. Aos cinco anos xa practicaba no piano máis de 500 exercicios que o seu pai compuxera.[Cómpre referencia] Continuou os estudos da man de Jules Hohené Georges Mathias, e tempo despois co compositor Louis Moreau Gottschalk en Nova York.
Aos seis anos publicou a súa primeira obra, Gottschalk Waltz, adicada ao seu mestre, que tivo un grande éxito.[Cómpre referencia] En 1862 a familia tivo que trasladarse aos Estados Unidos de América debido á situación política en Venezuela[Cómpre referencia], e alí comezou a dar pequenos concertos privados para mostrar os seus progresos co piano. Ese ano, o 25 de novembro, deu o seu primeiro concerto público, e ao ano seguinte ofreceu outro concerto privado na Casa Branca, invitada por Abraham Lincoln.[Cómpre referencia] Aos nove anos debutou como solista na Orquestra Sinfónica de Boston e coa Filharmónica de Londres, e fixo xiras por Cuba, EEUU ou Francia.
En 1866 faleceu a súa nai, pero isto non foi un impedimento para que continuase a xira en España, e a súa volta aos Estados Unidos. Con dezanove anos casou co violinista Emile Sauret. Froito deste matrimonio naceu unha filla, que deu en adopción[Cómpre referencia]. As datas coincidiron coa morte do seu pai.
En 1876 volveu a casar e tivo tres fillos, aos que criou mentres daba concertos por Estados Unidos e o Canadá. Viaxou dúas veces máis a Venezuela, e nalgunhas composicións da artista e posible apreciar o seu amor pola patria, nas que se advirten claras alusión sao merengue característico do país.[Cómpre referencia]
En 1889 volveu separarse e viaxou a Alemaña, onde volveu contraer matrimonio cun pianista, con quen tivo dúas fillas. Pero o matrimonio apenas durou tres anos; volveu casar, desta vez con Arturo Tagliapietra, irmán do seu segundo esposo.
En 1917, cando preparaba unha xira por Suramérica sufriu graves problemas de saúde, e diagnosticáronnlle parálise parcial do nervio óptico, que ameazaba con estenderse ao cerebro.[Cómpre referencia] Faleceu o 12 de xuño de 1917.
Compuxo un importante número de obras.