Tetanolisina

Tetanolisina
Identificadores
Organismo Clostridium tetani
Símbolo tly
UniProt Q893D9
Outros datos

A tetanolisina é unha toxina producida pola bacteria Clostridium tetani. A súa función é descoñecida, pero crese que contribúe á patoxénese do tétano. A outra toxina producida por C. tetani é a tetanospasmina, que está claramente ligada ao tétano. A tetanolisina é sensible ao oxíxeno.

A tetanolisina pertence a unha familia de toxinas proteicas chamadas citolisinas activadas por tiol, que se unen ao colesterol.[1] Está relacionada coa estreptolisina O e a θ-toxina de Clostridium perfringens.[2] As citolisinas forman poros na membrana plasmática que permiten o paso de ións e outras moléculas cara ao interior da célula. O peso molecular da tetanolisina é de arredor de 55 000 daltons.[3]

  1. Billington, Stephen J.; Jost, B.Helen; Songer, J.Glenn (xaneiro de 2000). "Thiol-activated cytolysins: structure, function and role in pathogenesis". FEMS Microbiology Letters 182 (2): 195–205. PMID 10620666. doi:10.1111/j.1574-6968.2000.tb08895.x. 
  2. Roper MH, Wassilak SG, Tiwari TS, Orenstein WA (2013). "Tetanus toxoid". Vaccines (6ª ed.). pp. 746–772. ISBN 9781455700905. doi:10.1016/B978-1-4557-0090-5.00039-2. 
  3. Tetanolysin

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Alouf, J. (1997) pp 7–10 in Guidebook to Protein Toxins and Their Use in Cell Biology, Ed. Rappuoli, R. and Montecucco, C. (Oxford University Press).
  • Ahnert-Hilger, G., Pahner, I., and Höltje, M. (1999) Pore-forming Toxins as Cell Biological and Pharmacological Tools. In press.
  • Conti, A., Brando, C., DeBell, K.E., Alava, M.A., Hoffman, T., Bonvini, E. (1993) J. Biol. Chem. 268, 783-791.
  • Raya, S.A., Trembovler, V., Shohami, E. and Lazarovici, P. (1993) Nat. Toxins 1, 263-70.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.