![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (grc) Θέων ![]() c. 70 ![]() Esmirna, Turquía ![]() |
Morte | c. 135 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | matemático, teórico da música, musicólogo, astrónomo, filósofo ![]() |
Período de tempo | Imperio Romano ![]() |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron ![]() |
![]() |
Teón de Esmirna (en latín Theon, en grego antigo Θέων) foi un matemático grego nativo de Esmirna que viviu na época do emperador Hadriano, segundo Claudio Ptolomeo, quen o cita moitas veces e conservou as súas observacións sobre Mercurio e Venus. A enciclopedia Suídas di que tamén era filósofo.
Procles alude a este personaxe dicindo que escribiu as xenealoxías de Platón e Solón, e Plutarco di que escribiu sobre a Lúa.
Consérvase unha parte da súa obra sobre aritmética titulado Τῶν κατὰ μαθαμητὴν χρησίμων εἰς τὴν τοῦ Πλάτωνος ἀνάγνωσιν (As regras matemáticas básicas para entender a Platón). Desta obra consérvanse dous libros, un de aritmética e outro de música. Sábese que un terceiro libro trataba da astronomía e un cuarto περὶ τῆς ἐν κόσμῳ ἁρμονίας (Sobre a harmonía no cosmos). O libro sobre aritmética segue o mesmo esquema que o traballo de Nicómaco de Xerasa e trata sobre a Teoría dos números. O libro sobre música expón a aplicación da aritmética á teoría musical e fai referencia á Harmonía das esferas.
Algunhas noticias suxiren que escribiu outras obras e tratados astronómicos, e atribúeselle unha obra conservada nun manuscrito chamada θεολογούμενα (Sobre as cousas divinas). Fabricio inclúeo na Bibliotheca Graeca[1].