The Air Up There | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Air Up There |
Director | Paul Michael Glaser |
Produtor | Robert W. Cort Ted Field Rosalie Swedlin |
Guión | Max Apple |
Intérpretes | Kevin Bacon Charles Gitonga Maina |
Música | David Newman |
Fotografía | Dick Pope |
Montaxe | Michael A. Polakow |
Estudio | Interscope Communications PolyGram Filmed Entertainment Nomura Babcock & Brown |
Distribuidora | Hollywood Pictures |
Estrea | 1994 |
Duración | 107 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia |
Orzamento | $17 080 000 |
Recadación | $21 011 318 |
Na rede | |
The Air Up There é un filme estadounidense dirixido por Paul Michael Glaser que se estreou en 1994.
As escenas que se desenvolven nos Estados Unidos, foron rodadas en Toronto e Hamilton, Canadá. As escenas en África foron rodadas en Kenya e Hoedspruit, Suráfrica.[1]
Jimmy Dolan (Kevin Bacon) é un adestrador de baloncesto dun colexio que quere conseguir unha gran promoción. Para iso necesita atopar unha nova estrela para o equipo. Para atopala remata viaxando ó máis profundo de África agardando a recrutar a Saleh, un incrible prodixio do baloncesto que Jimmy descubriu fortuitamente nun vídeo caseiro. Pero Saleh é o fillo do xefe da tribo e ten responsabilidades na casa, xa que as súas terras son ambicionadas por unha empresa mineira que ten o seu propio equipo de baloncesto.