The Center Won't Hold | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Sleater-Kinney | ||||
Publicado | 16 de agosto de 2019 | |||
Gravación | 2018 | |||
Duración | 36:16 | |||
Xénero(s) | rock alternativo | |||
Selo(s) | Mom + Pop Music | |||
Produtor | St Vincent | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
The Center Won't Hold é o noveno álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Sleater-Kinney, publicado o 16 de agosto de 2019 a través do selo Mom + Pop Music.[1] O disco foi producido por St Vincent e trátase do derradeiros coa batería Janet Weiss, que anunciou a súa marcha do grupo o día 1 de xullo.[2] Tras o seu lanzamento o álbum foi aclamado pola crítica.[3]
En xaneiro de 2018 a banda dixo que estaba traballando na continuación de No Cities to Love, aínda que Carrie Brownstein comentou que "ían facelo moi lentamente".[4] Carrie Brownstein suxeríulle a Jeff Tweedy producir algunhas cancións coa banda, pero primeiro comezaron a traballar con St. Vincent e gozaron traballando con ela polo que decidiron continuar así.[5] En xaneiro de 2019 a banda anunciou que se agardaba un novo álbum para ese mesmo ano, producido por St. Vincent.[6]
"Hurry On Home" foi publicado como sinxelo principal do álbum o día 29 de maio de 2019.[7] A banda interpretou a canción no programa The Tonight Show Starring Jimmy Fallon o 19 de xuño.[8] "Can I Go On" foi o segundo sinxelo, aparecendo nas emisoras Triple A o día 5 de agosto. Tamén se lanzou un sinxelo promocional, "The Future Is Here", aparecido o 14 de xuño.[9] A canción do título foi editada como segundo sinxelo promocional o 17 de xullo.[10]
Tódolos temas escritos e compostos por Sleater-Kinney (Corin Tucker, Janet Weiss e Carrie Brownstein).
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "The Center Won't Hold" | 3:04 |
2. | "Hurry On Home" | 2:48 |
3. | "Reach Out" | 3:30 |
4. | "Can I Go On" | 3:30 |
5. | "Restless" | 2:42 |
6. | "Ruins" | 5:18 |
7. | "LOVE" | 2:16 |
8. | "Bad Dance" | 2:44 |
9. | "The Future Is Here" | 3:00 |
10. | "The Dog/The Body" | 4:22 |
11. | "Broken" | 3:02 |