The Christian Science Monitor | |
---|---|
Tipo | xornal |
Data de fundación | 1908 |
Fundador(es) | Mary Baker Eddy |
Nomeado en referencia a | Ciência Cristã |
Sede | Boston |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://www.csmonitor.com/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Christian Science Monitor (CSM) é unha organización noticiosa, sen fins lucrativos que publica artigos diarios en formato electrónico, así como unha edición impresa semanal.[1][2] Foi fundado en 1908 como xornal diario por Mary Baker Eddy, fundadora da Church of Christ, Scientist.[3][4][5][6][7][8] O Monitor abrangue os eventos actuais internacionais e dos Estados Unidos. O seu equipo e artigos recibiron sete Premios Pulitzer ó longo da súa traxectoria, dende os anos 1950 até 2002. O xornal inclúe un artigo relixioso diario na páxina "The Home Forum", mais afirma que a publicación non é unha plataforma de evanxelización.