The Gift | |
---|---|
A banda actuando en Oeiras | |
Orixe | Alcobaça, Portugal |
Período | 1994 - presente |
Xénero(s) | pop electrónico, rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | La Folie |
Membros | Sónia Tavares Nuno Gonçalves John Gonçalves Miguel Ribeiro |
Na rede | |
The gift | |
The Gift é unha banda portuguesa de lounge, que fan un pop electrónico cun toque melódico.
Fundado en 1994 en Alcobaça é un dos mellores expoñentes da música portuguesa actual. O seu éxito mesmo traspasou as fronteiras portuguesas, algo nada fácil para as bandas pop deste país.
No ano 2005 gañaron o "MTV Europe Award for Best Portuguese Act" e o "Prémio Arco-íris" entregado pola asociación ILGA Portugal, recoñecendo a contribución na loita contra a discriminación e a homofobia.
Habitualmente cantan en inglés, aínda que no último disco teñen algún tema en portugués, como o que dá nome ao álbum Fácil de entender ou unha versión de "Índios", unha canción do grupo brasileiro Legião Urbana.
Os The Gift actuaron varias veces en Galicia, algúns exemplos destas actuacións son:
Os integrantes dos The Gift son:
Do álbum Vinyl
Do álbum Film
Do álbum AM-FM
Do álbum Fácil de Entender