The Good Road | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | ધ ગુડ રોડ |
Director | Gyan Correa |
Guión | Gyan Correa |
Intérpretes | Ajay Gehi Sonali Kulkarni |
Música | Rajat Dholakia |
Fotografía | Amitabha Singh |
Montaxe | Paresh Kamdar |
Estrea | 19 de xullo de 2013 |
Duración | 92 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Orzamento | 2,25 crore de ₹[1] |
Na rede | |
http://www.thegoodroadfilm.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
The Good Road (en gujarati: ધ ગુડ રોડ) é un filme indio de 2013 escrito e dirixido por Gyan Correa. Foi escollido como o candidato indio para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 86ª edición dos premios,[2][3] mais finalmente non foi nomeado. Gañou o premio ó mellor filme en gujarati na 60ª edición dos National Film Awards. A historia céntrase nunha autoestrada nas áreas rurais de Gujarat, preto dunha vila en Kutch.[4] É o primeiro filme gujarati en ser escollido para representar a India nos Oscars.[5]