The Haçienda

The Haçienda
Pisos construídos no lugar no que se atopaba o local de The Haçienda.
Coordenadas53°28′28″N 2°14′52″O / 53.474319444444, -2.2476833333333
editar datos en Wikidata ]

Fac 51 Haçienda (tamén coñecido comunmente como The Haçienda) foi un club nocturno da escena musical de Manchester, Inglaterra. Foi un dos clubs máis populares do mundo durante os anos do son da cidade entre finais da década de 1980 e comezos da de 1990.

Financiouno o selo discográfico Factory Records e a banda New Order. Tony Wilson dirixiu o club. The Haçienda inaugurouse en 1982 e permaneceu aberto ata 1997, cando xa non puido aguantar máis os constantes problemas económicos e pechou definitivamente.

A película de Michael Winterbottom de 2002 24 Hour Party People, con Steve Coogan no papel do protagonista Tony Wilson, fala da historia do club.