The Island of Doctor Agor | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Island of Doctor Agor |
Director | Tim Burton |
Guión | Tim Burton |
Baseado en | A illa do doutor Moreau de H. G. Wells |
Estrea | 1971 |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Curtametraxe animada |
Na rede | |
The Island of Doctor Agor é unha curtametraxe animada de 1971 escrita e dirixida por Tim Burton cando tiña trece anos, quen tamén interpreta o papel do doutor Agor.[1][2] A curta é un dos primeiros filme animados de Burton, e foi adaptado por Burton a partir da novela de H. G. Wells A illa do doutor Moreau.
No filme tamén aparecen os amigos e compañeiros de clase de Burton e foi rodada cunha cámara Super 8, utilizando localizacións como as gaiolas dos animais do zoo dos Ánxeles e as praias de Malibú.[3][4]