The Island of Dr. Moreau | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Island of Dr. Moreau |
Director | Don Taylor |
Produtor | Skip Steloff John Temple-Smith |
Guión | Al Ramrus John Herman Shaner |
Baseado en | A illa do doutor Moreau de H. G. Wells |
Intérpretes | Burt Lancaster Michael York Nigel Davenport Barbara Carrera Richard Basehart Nick Cravat |
Música | Laurence Rosenthal |
Fotografía | Gerry Fisher |
Montaxe | Marion Rothman |
Distribuidora | American International Pictures |
Estrea | 1977 |
Duración | 99 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Ficción científica |
Orzamento | $6 000 000 (estimado)[1] |
Na rede | |
The Island of Dr. Moreau é un filme de ficción científica baseado na novela de H. G. Wells A illa do doutor Moreau. Está dirixida por Don Taylor e foi estreada en 1977.
Ano 1912. Andrew Braddock é un náufrago que foi parar a unha illa solitaria do Pacífico. Practicamente inconsciente, Braddock é rescatado do ataque duns estraños animais por Montgomery, un home do lugar que o leva a unha preciosa casa localizada no centro da illa. O dono da casa é o doutor Moreau, un científico que vive cunha moza chamada María. Braddock comeza a sentir curiosidade polo traballo do doutor, e vai descubrindo a finalidade dos experimentos do sinistro doutor, que trata de dar aparencia e comportamento humanos a unha serie de animais... Adaptación da novela de H. G. Wells.
En 1996 fíxose un remake, (The Island of Dr. Moreau), con Marlon Brando no papel do Dr. Moreau, aquí interpretado por Burt Lancaster.
Actor | Papel |
---|---|
Burt Lancaster | Dr. Paul Moreau |
Michael York | Andrew Braddock |
Nigel Davenport | Dr. Montgomery |
Barbara Carrera | Maria |
Richard Basehart | Sayer da Lei |
Nick Cravat | M'Ling |
Fumio Demura | Home-Hiena |