The Milky Way | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Milky Way |
Director | Rudolf Ising (sen acreditar) |
Produtor | Rudolf Ising Co-produtor: Fred Quimby (sen acreditar) |
Intérpretes | Clarence Nash (sons de parrulo) |
Música | Scott Bradley |
Estudio | Metro-Goldwyn-Mayer Rudolf Ising Productions |
Distribuidora | Loew's Inc. |
Estrea | 22 de xuño de 1940 |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Animación |
Na rede | |
The Milky Way é unha curtametraxe clásica de animación producida en Technicolor e estreada nos cines co filme The Captain Is a Lady por Metro-Goldwyn Mayer. A curtametraxe, producida e dirixida por Rudolf Ising e co-producida por Fred Quimby coa supervisión musical de Scott Bradley, conta as aventuras dos "tres pequenos gatiños" e a súa exploración do mundo dos soños onde a Vía Láctea está feita de leite e a Lúa de queixo.
Gañou o Oscar á mellor curtametraxe animada na 13ª edición dos premios, e foi o primeiro filme que non era de Disney en facelo.