The Pokémon Company

Logo de The Pokémon Company.

The Pokémon Company (株式会社ポケモン Kabushiki gaisha Pokemon?) é unha empresa xaponesa responsable da xestión, produción, mercadotecnia e licenzas da franquía Pokémon, consistente en software de videoxogos, un xogo de cartas, unha serie de televisión anime, filmes, manga, produtos de entretemento caseiro e outros. Estabeleceuse a través dun investimento conxunto das tres empresas que posúen os dereitos de autor de Pokémon: Nintendo, Game Freak e Creatures. Comezou a súa actividade en 1998 e adoutou o sobrenome Pokémon Ltd. en outubro de 2000. A compañía ten a súa sede en Mori Tower en Minato, Toquio.[1]

  1. "会社概要" [Company Profile] (en xaponés). The Pokémon Company. Consultado o 31 de agosto de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]