The Seattle Times | |
---|---|
![]() | |
Fundación | 1891 |
Lingua | lingua inglesa |
Localidade | Seattle |
ISSN | 0745-9696 |
Descrito por | Wikipedia:Vaccine safety/Perennial sources e The Expanding News Desert |
Na rede | |
https://www.seattletimes.com/, http://seattletimes.nwsource.com/html/home/, http://www.lib.auburn.edu/BIDB, http://infoweb.newsbank.com/?db=STIW e http://cisweb.lexis-nexis.com/sourceselect/returnToSearch.asp?csisrc=8206&after=0:ALL | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Seattle Times é un xornal diario publicado na cidade de Seattle, nos Estados Unidos, sendo o maior do estado de Washington. É un dos últimos xornais nos Estados Unidos en ser controlado por unha familia, os Blethens, que o mercaron en 1896.[1]
O precursor do xornal foi o Seattle Press-Times, fundado en 1891. O xornal tiña unha circulación ínfima[2] e foi mercado en 1896 por Alden Blethen, un profesor e avogado acabado de chegar do estado de Maine, que o rebatizou como Seattle Daily Times.
Orixinalmente, o Times era un vespertino, mais pasou a ser matutino a comezos do século XXI, despois de considerar a idea dende 1999.[3]
Entre 1983 e 2009 o Times mantivo un acordo de operación conxunta co Seattle Post-Intelligencer, de propiedade da Hearst Corporation, na que a publicidade, a mercadotecnia, a produción e a circulación foram administrados polo Times para ámbolos xornais,[4] que mantiñan departamentos editoriais e de novas independentes. Os dous xornais publicaban unha edición única os domingos, para a cal o Post-Intelligencer contribuía con algunhas páxinas de contido editorial. Co remate da edición impresa do P-I, o 17 de marzo de 2009, o acordo de operación conxunta foi pechado.[5] O Times conseguiu manter boa parte dos subscritores do seu antigo concorrente e viu merar a súa circulación diaria un 30% cinco meses despois, pasando a operar con lucro, algo impensábel poucos meses antes.[1]