Abeiros de pedra | |
---|---|
Título orixinal | The Shelters of Stone |
Autor/a | Jean M. Auel |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | Inglés |
Colección | Os fillos da terra |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Crown |
Data de pub. | 30 de abril de 2002 |
Formato | Tapas duras (USA) |
Páxinas | 753 |
ISBN | ISBN 0-609-61059-7 |
Precedido por | As chairas do tránsito |
Seguido por | A terra das covas pintadas |
[ editar datos en Wikidata ] |
Abeiros de pedra[1] (na versión orixinal The Shelters of Stone) é unha novela histórica escrita pola autora estadounidense Jean M. Auel en 2002. É o quinto libro da serie Os fillos da terra. Describe o regreso Jondalar ó seu fogar xunto con Ayla.
Ayla e Jondalar rematan a súa viaxe dun ano a través de Europa en compaña dos seus amigos animais Lobo, Whinney e Corredor, e son recibidos polos Zelandonii, o pobo de Jondalar. Ayla séntese fascinada pola xente da Novena Caverna dos Zelandonii e descobre en Zelandoni, a líder espiritual da Novena Caverna, a unha compañeira con quen poder compartir os seus coñecementos de medicina e as súas habilidades.
Malia que Ayla e Jondalar desexan converterse formalmente en parella durante a Reunión de Verán, algúns zelandonii temen a influencia de Ayla e rexeitan a súa relación con aqueles que chaman cabezas chatas (os Neanderthal) e que ela chama Clan. Outros, mesmo se opoñen a que forme parella con Jondalar, fillo da ex xefa da tribo, e fan evidente o seu desgusto. Ayla ten que recorrer a tódalas súas habilidades, intelixencia, coñecementos e instintos para poder atopar o camiño nesta complicada sociedade.