The Speed Cubers | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Speed Cubers |
Director | Sue Kim |
Produtor |
|
Intérpretes | |
Música | Dan Vidmar |
Montaxe |
|
Estudio |
|
Distribuidora | Netflix |
Estrea | 29 de xullo de 2020 |
Duración | 40 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Documental |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
The Speed Cubers é un filme documental de 2020 dirixido por Sue Kim. Conta as vidas dos campións de velocidade resolvendo un cubo de Rubik, Max Park e Feliks Zemdegs.
O documental recolle as "extraordinarias reviravoltas nas viaxes dos campións de resolución do cubo de Rubik Max Park e Feliks Zemdegs".
O foco principal do documental é a rivalidade e a amizade entre dous máis rápidos do mundo, Max Park e Feliks Zemdegs. Anunciado en xuño de 2020, o filme foi dirixido por Sue Kim e estreouse o 29 de xullo de 2020 en Netflix.[1][2]
Algunhas das imaxes foron rodadas nos Campionatos do Mundo de 2019 da World Cube Association, celebrados en Melbourne, Australia.
Na páxina web do agregador de recensións Rotten Tomatoes, o 100% das recensións de 13 críticos son positivas, cunha cualificación media de 8.2/10. O 9 de febreiro de 2021, o documental foi preseleccionado na categoría mellor curtametraxe documental na 93ª edición dos Óscar.[3] Na 5ª edición dos Critics' Choice Documentary Awards, The Speed Cubers foi nomeado a mellor curtametraxe documental.[4] O filme tamén recibiu un nomeamento ao Premio Peabody na categoría de documentais.[5]