Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2022.) |
The titan´s curse | |
---|---|
Título orixinal | The Titan's Curse |
Autor/a | Rick Riordan |
Orixe | Estados Unidos de América |
Lingua | lingua inglesa |
Xénero(s) | Literatura Fantástica |
Editorial | Salamandra |
Data de pub. | 1 de maio de 2007 |
Páxinas | 312 |
Precedido por | The sea of monsters |
Seguido por | The Battle of the Labyrinth |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
The Titan's Curse[1] é unha novela de fantasía e aventuras baseada na mitoloxía grega escrita polo autor estadounidense Rick Riordan en 2007. É a terceira novela da serie Percy Jackson and the Olympians e a secuela de The Sea of Monsters. Segue as aventuras do semideus Percy Jackson, de catorce anos, mentres el e os seus amigos emprenden unha perigosa misión para rescatar á súa amiga Annabeth Chase e á deusa grega Artemisa, que foron secuestradas.
O Oráculo de Delfos a Zoë Belladona:
Cinco buscarán no leste á deusa encadeada,
un perderase na terra sen chuvia,
a malleira do Olimpo mostra a senda,
campistas e cazadoras prevalecen unidos,
á maldición do titán un resistirá,
e un perecerá por man paterna.
(Tradución literal da profecía na edición en castelán)
Percy Jackson, Annabeth Chase e Thalia Grace van a Westover Hall, despois de que Grover Underwood atope dous irmáns mestizos, chamados Nico e Bianca di Angelo. Apenas escapan un ataque dunha mantícora chamada "Dr. Espino" coa axuda de Artemisa e as súas cazadoras, que inclúen a Zoë Belladona. A pesar de que sobreviven ao ataque, Annabeth desaparece xunto ao Dr. Espino cando este morre e disólvese, o que pon a Percy moi angustiado. Artemisa marcha en busca dunha besta moi poderosa, pero vai soa e é capturada.
Antes de marchar, Artemisa convence a Bianca de unirse ó seu grupo de cazadoras, deixando a Nico só, sen a compañía que tivera durante anos.
As cazadoras e os semiduses deben atopar a Artemisa antes da reunión do solsticio de inverno do consello olímpico, xa que a influencia da deusa podería cambiar unha votación importante sobre a guerra contra os Titáns. Unha das mozas de Artemisa indisponse, e as cazadoras non permiten que Percy vaia á misión no seu lugar, xa que é un heroe home. Percy é chamado por Blackjack, un pegaso negro que é enviado por un hipocampo para rescatar a unha criatura mariña parecida a unha vaca atrapada no Long Island Sound chamada ofiotauro, á que Percy chamalle Bessie, sen saber que é macho. Ao regresar ao campamento descobre a Nico escoitando unha conversación das cazadoras: unha das integrantes da misión, Febe, estaba ferida por mor dun líquido corrosivo (sangue de centauro) que fora posto na súa camiseta, e non pode ir á misión. Nico pensa en seguilas pero Percy consegue detelo. Nico convence a Percy de ir con el e faille prometer que coidará da súa irmá. Thalia, Zoë, Bianca di Angelo e Grover emprenden a perigosa procura. O grupo tamén está en busca do estraño monstro que Artemisa estaba a tratar de cazar cando desapareceu, que é tan poderoso que pode destruír o Olimpo, á parte de buscar á deusa.
Percy marcha detrás dos seus amigos sen permiso do campamento voando con Blackjack, o pegaso, que liberou na aventura no Mar dos monstros. No camiño, detéñense a descansar brevemente na cornixa do Edificio Chrysler. Dioniso, director do Campamento Mestizo, aparece, atrapándoos con vides de uva e trata de impedir que Percy participe na procura. Dioniso explica que a el non lle gustan os heroes, xa que utilizan os mortais inocentes para conseguir o que queren, e logo, despois da misión que teñan que cumprir, incumplen as súas promesas: a súa esposa agora inmortal, Ariadna, foi unha vez unha deses mortais, abandonada nunha illa por Teseo. Non obstante, despois, Dioniso deixa marchar a Percy. Viaxan até o centro de Washington, seguindo a furgoneta dos seus amigos, onde descobre ao Dr. Espino nunha reunión privada no Museo Nacional de Historia Natural. Percy infíltrase utilizando a gorra de béisbol de invisibilidade de Annabeth, que se lle caira antes de ser secuestrada. Mentres observa, o Dr. Espino é severamente reprendido por un home coñecido como "O xeneral", que utiliza dentes de dinosauro para crear guerreiros-esqueleto adestrados para rastrexar e matar ás cazadoras. Percy corre a través do Museo Nacional do Aire e o Espazo para advertir aos demais, pero tan pronto como chega, o museo é atacado polo León de Nemea, ao que derrotan con comida espacial de amorodo. Percy consegue a pel do león como recompensa. A pel fainp invulnerábel e nada pode traspasar ó seu corpo, facéndose anacos ao tocar coa pel do león.
Detectan un helicóptero abordado polos secuaces de Espino detrás deles, pero foxen, entrando no Metro de Washington para non estar á vista. Por desgraza, chegan até o final da liña e pérdense.
Vagaban nun patio de carga cando Apolo aparece e proporciónalles transporte a Cloudcroft, Novo México, subindo aos coches dun tren de carga , chegan a Cloudcroft ao día seguinte.
En Cloudcroft, son atacados por catro dos guerreiros esqueleto e Bianca, por algunha razón, parece ser a única capaz de poder destruílos.
Grover detecta a presenza de Pan, o deus grego da natureza, e un agasallo del, o Xabaril de Erimanto xigante, vén para levalos máis aló de Gila Claw, Arizona. Lévalles á chatarrería dos deuses, e Percy reúnese con Ares e charla con Afrodita.
Nese momento dáse a entender que Annabeth e Percy teñen un futuro romántico (Afrodita insiste con frecuencia que Percy está profundamente namorado de Annabeth e que por iso participa na procura, pero Percy sempre o nega, aínda que ao final Percy dáse conta, pero é demasiado tímido e inseguro para contarlle os seus sentimentos a Annabeth). Finalmente, o grupo entra no depósito de chatarra, onde Bianca tenta roubar unha figura de Mitomaxia de Hades para o seu irmán máis novo, Nico. Ela esperta accidentalmente un prototipo de Talos, un xigante de bronce, e morre despois de estar dentro do xigante de metal mentres este tropézase polos postes de teléfono, aínda que consegue destruílo.
Mentres son atacados polos guerreiros esqueléticos na Presa Hoover, Percy coñece a Rachel Elizabeth Dare, unha moza mortal que pode ver a través da néboa e que semella namorarse de Percy.
Ela salva a Percy ao confundir os esqueletos, o que permite a Percy e os seus amigos escapar da emboscada voando en dúas estatuas de anxos de Zeus que os levan ao Embarcadoiro de San Francisco.
Por consello de Apolo, Percy busca a Nereo, o "Omnisciente Vello do Mar". Percy obrígalle a revelar o nome do monstro que podería destruír o Olimpo tras unha persecución polo mar. É o Ofiotauro.
Neste caso, son emboscados pola mantícora, o Dr. Espino e algúns dos seus secuaces. O Ofiotauro está na auga detrás de Thalia. O Dr. Espino case convence á filla de Zeus de sacrificar á criatura (isto daríalle o poder para destruír aos deuses). A Gran Profecía di que o próximo fillo semideus de Zeus, Poseidón ou Hades, que chege á idade de dezaseis anos ou ben salvaría a Idade dos deuses ou lle poría fin. Thalia terá dezaseis ao día seguinte. Percy, Tyson, e Grover afastan a Thalia de Espino nun pavillón no peirao, e envían unha mensaxe iris ao Sr. D (Dionisio), que os salva de mala gana matando á mantícora e volvendo aos guerreiros tolos. Deciden enviar o Ofiotauro ao Olimpo con Grover como guía. Percy dálle a pel de león ao seu pai como unha ofrenda para que permita que Grover e o Ofiotauro cheguen a salvo.
Van buscar axuda ao pai de Annabeth, quen, tras unha breve conversa, préstalles o seu coche. Viaxan ao Xardín das Hespérides, onde Zoë se reencontra coas súas irmás e é mordida e envelenada polo Dragón Ladón mentres intenta axudar a Percy e Thalia. Van á Montaña da Desesperación no monte Tamalpais, no condado de Marín, onde agora se atopa o monte Othrys, a capital dos titáns.
Desde o cumio da montaña onde Atlas sostén normalmente o ceo, observan a Artemisa cargar con el. Annabeth, pola súa parte, está cativa por Luke, e foi esposada e amordazada.
Dándose conta de que a profecía feita polo Oráculo o implica a el, Percy leva a carga da maldición do Titán que tiña Artemisa. Na loita seguinte, o pai de Annabeth axuda facendo voar o seu Sopwith Camel (un biplano) e disparando balas recubertas de bronce celestial, e Atlas (o xeneral dos Titáns) lanza á súa filla Zoë, derrubándoa contra as rochas. Artemisa engana a Atlas para que tome a carga de Percy. Durante unha batalla entre Thalia e Luke, Thalia golpea a Luke e este cae dun penedo. Percy ve que Luke está supostamente morto. Máis tarde, descobren que Luke sobreviviu á caída.
Zoë morre pola mordedura velenosa de Ladón e o impacto das pedras (causada polo seu pai). Antes de morrer, estende as súas últimas palabras a Thalia, dicíndolle que poderían ser irmás de caza, e a Percy, dicíndolle que non se parece en nada a Hércules, (o heroe que fixo que fose expulsada da súa familia por traizón), e que lle honra que leve a Anaklusmus, a súa creación e a espada de Percy, e que é o mellor heroe que coñeceu na súa vida. Artemisa converte a Zoë nunha constelación, en lembranza dela.
Durante a reunión do solsticio de inverno os deuses deciden tomar medidas contra os titáns. Ofréceselle a Thalia unirse aos cazadores e ela acepta xa que está máis segura e así evita que se cumpra a profecía. Os deuses debaten se deberían matar a Percy e ao Ofiotauro pola súa seguridade, todos votando por Percy, excepto Ares, Dioniso e Atenea que pensan que é unha ameaza. Acórdase que o Ofiotauro quede no Olimpo. Percy invita a Annabeth a bailar na festa dos deuses.
Ao final, Percy explícalle a Nico o que lle pasou a Bianca. Nico enfurece, culpa a Percy, e, nese momento, son atacados por unha emboscada de guerreiros esqueletos, Nico envíaos ao Inframundo cun gran golpe no chan que abre unha fenda e traga os esqueletos. El desaparece e Percy dáse conta de que Nico é o fillo de Hades. Os únicos que saben da desaparición de Nico son Annabeth, Grover e Percy.
Prométense entre eles ocultar este feito aos demais, especialmente ao exército dos titáns, a Quirón e a Dioniso.
The titan´s curse continúa con The battle of the labyrinth. En The Battle of the Labyrinth, Annabeth e Percy atopan unha entrada ao Labirinto durante un adestramento con escorpións. Percy pronto descobre que Luke utilizara a entrada e conducirá o seu exército polo Labirinto directamente ao corazón do campamento. Usando o Labirinto, Percy intenta atopar a Dédalo para que Luke non poida conseguir o fío de Ariadna, frustrando así a invasión de Luke.