Theodore Edward Cantor

Modelo:BiografíaTheodore Edward Cantor
Biografía
NacementoTheodor Edvard Cantor
1809
Copenhague
Morte1860
India
Formación profesionalDoutor en medicina
EducaciónUniversidade de Halle
Actividade
Campo de traballoZooloxía e botánica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmédico, botánico, zoólogo
EmpregadorCompañía Británica das Indias Orientais
Obra
Abreviación dun autor en botánicaCantor Editar o valor en Wikidata


Theodore Edward Cantor, tamén coñecido por Theodor Edvard Cantor (o seu nome de necemento), nado en 1809 en Copenhague e finado en 1860 na India, foi un médico, botánico e zoólogo danés.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido no seo dunha familia xudía danesa,[2] Cantor estudou medicina en Halle (Alemaña) obtendo en 1833 o grao de doutor en medicina.

Traballou para a Compañía Británica das Indias Orientais, para a que fixo coleccións de historia natural en Penang e Malaca.

No campo científico da herpetoloxía describiu moitas novas especies de réptiles e anfibios.[3] Pelochelys cantorii, comunmente coñecida como tartaruga de coiraza branda xigante de Cantor, chámase así no seu honor.[4]

E no campo da ictioloxía, describiu, entre outros taxons, o xénero Spondyliosoma.[5][6]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Abreviaturas

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Cantor emprégase para recoñeer a Theodore Edward Cantor como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

A abreviatura Cantor emprégase para recoñeer a Theodore Edward Cantor como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[7]

  1. Bretschneider, E. (2011). History of European Botanical Discoveries in China. Bod Third Party Titles. p. 359. ISBN 978-3-86347-165-1. Consultado o 15 de marzo de 2020. 
  2. "Natural history publications arising from Theodore Cantor’s visit to Chusan, China, in 1840" Archives of Natural History 43 (1) [2016]: 30–40. Edinburgh University Press, I. M. Turne, p. 36.
  3. The Reptile Database
  4. Beolens, B.; Watkins M. & Grayson M. (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. ("Cantor", p. 47).
  5. Spondyliosoma Cantor, 1849 no WoRMS.
  6. Spondyliosoma Cantor, 1849 no ITIS.
  7. Theodore Edward Cantor (1809-1854) no IPNI.