Thinocorus | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parellas de Thinocorus orbignyanus (esquerda) e Thinocorus rumicivorus (esquerda), lámina do libro The birds of South America | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
|
Thinocorus é un xénero de aves da orde dos caradriformes, suborde dos escolopacios, un dos dous integrados na familia dos tinocóridos.
Trátase de pequenos limícolas gregarios que se adaptaron a unha dieta herbívora.
O xénero foi descrito en 1829 polo médico, botánico, zoólogo, anatomista, explorador e entomólogo, do grupo dos alemáns do Báltico do Imperio Ruso, Johann Friedrich von Eschscholtz.[1][2]
O nome científico Thinocorus está formado pola unión dos elementos Thin- e -corus (cun -o- epentético parta facilitar a pronuncia). O primeiro está tomado do grego antigo θιν-, thin-, "esta beira", "banco de area", e o latín vulgar -corus, derivado irregular do grego antigo κόρυς kórys "helmo", "casco", "cabeza".[3]
O xénero comprende tan só dúas especies,[1][2] propias de Suramérica:
Imaxe | Nome científico | Distribución |
---|---|---|
Thinocorus orbignyanus (Saint-Hilaire & Lesson, 1831) | Arxentina, Bolivia, Chile e Perú. | |
Thinocorus rumicivorus Eschscholtz, 1829 | Arxentina, Bolivia, Chile e Perú. |
As súas dúas especies teñen unha distribución suramericana, nas rexións andina e patagónica.[4]
Habitan nunha variedade de ambientes, incluíndo prados, estepas herbáceas, desertos semiáridos e hábitats alpinos.[4]
A dúas especies son pequenos limícolas gregarios que se adaptaron a unha dieta herbívora.
Teñen cabezas pequenas e picos curtos. Aínda que son herbívoros as sementes non son unha parte importante da súa dieta.[4] Porén, sábese que a especie Thinocorus rumicivorus se alimenta dos pétalos carnosos das flores de Calceolaria uniflora, unha especie da familia das escrofulariáceas. No proceso de alimentárense destes apéndices, ricos en azucre, contribúen á polinización das flores.[5]
Teñen unha aparencia semellante á do paspallás e ás perdices, pero teñen as ás máis longas.[4] O seu tamaño vai desde o dun pardal común até o dunha becacina cabra. Teñen as patas curtas, pero cos dedos longos. A cor da súa plumaxe é xeralmente críptica. Hai certo dimorfismo sexual na plumaxe das especies de Thinocorus: os machos teñen a cara, o pescozo e o peito grises.
As femias poñen 2 ou 3 ovos nun niño consistente nun oco pouco profundo escavado no chan.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Thinocorus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Thinocorus |