Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de abril de 1997 (27 anos) Sønderborg, Dinamarca (pt) |
Residencia | Lommel |
Actividade | |
Ocupación | piloto de motocrós |
Deporte | Motocross |
Thomas Kjer Olsen, nado en Sønderborg o 24 de abril de 1997, é un piloto de motocrós danés.
En 2014, Kjer Olsen quedou en sexto lugar no Campionato Europeo de MX250, correndo cunha Honda. En 2015 volveu ser sexto, esta vez con KTM. Gañou o título en 2016 con Husqvarna.
No 2017 participou no Campionato do Mundo de Motocross na categoría MX2 cunha Husqvarna do equipo de Jacky Martens. Conseguiu a vitoria no Gran Premio de Letonia.[1] No resto de Grandes Premios non alcanzou o podio, pero rematou a tempada en terceiro lugar. Tamén gañou un GP en 2018, como en 2017 o GP de Letonia en Kegums,[2] e terminou terceiro na clasificación final.
Kjær Olsen tamén formou parte do equipo danés no Motocrós de Nacións varias veces, ás veces xunto ao seu irmán máis vello Stefan.
No Mundial de 2019, gañou o Gran Premio do Reino Unido[3], quedou segundo tras Jorge Prado na Arxentina,[4] Países Baixos,[5] Portugal[6] e Rusia[7] e terceiro en Letonia.[8]
GP gañados | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nº | Data | Gran Premio | Lugar | ||||||
Clase MX2 | |||||||||
1 | 07-05-2017 | Letonia | Kegums | ||||||
2 | 13-05-2018 | Letonia | Kegums | ||||||
3 | 24-03-2019 | Reino Unido | Matterley Basin, Winchester |