![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de outubro de 1781 ![]() Kirkwall, Reino Unido ![]() |
Morte | 30 de xullo de 1862 ![]() Edimburgo, Reino Unido ![]() |
4º Regius Professor of Forensic Medicine (en) ![]() | |
1832 – 1862 ← Robert Christison (en) ![]() ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Edimburgo ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Medicina forense e farmacoloxía ![]() |
Ocupación | médico, xeólogo, patólogo, zoólogo, meteorólogo, químico, forense ![]() |
Empregador | Universidade de Edimburgo ![]() |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography ![]() |
![]() |
Thomas Stewart Traill, nado en Kirkwall, capital das illas Órcadas, (Escocia) o 29 de outubro de 1781 e finado en Edimburgo o 30 de xullo de 1862, foi un físico, químico, mineraloxista, meteorólogo, zoólogo e profesor de medicina legal escocés.
Estudou medicina na Universidade de Edimburgo, disciplina na que se doutorou en 1802.[1] Practicou o exercicio da medicina durante 30 anos en Liverpool, onde foi un dos fundadores da Royal Institution of Liverpool, a Liverpool Mechanics' Institution e a Literary and Philosophical Society of Liverpool.
Fíxose moi coñecido como explorador do Ártico acompañando a William Scoresby nas súas viaxes, e a el se debe unha lista de animais observados nas costas orientais de Groenlandia publicada no Journal of a Voyage to the Northern Whale Fishery de Scoresby (1823). Scoresby bautizou a illa de Traill, en Groenlandia, na súa honra.
Cando John James Audubon chegou a Liverpool en xullo de 1826, Traill axudouno a encontrar un editor para a súa obra The Birds of America. Audubon denominou como Taill's flycatcher, a unha especie que se corresponde coas actuais Empidonax traillii e Empidonax alnorum.
Traill volveu á universidade de Edimburgo en 1833 como profesor de medicina legal. Foi editor da 8ª edición da Encyclopædia Britannica (1852–61), que concluíu un ano antes da súa morte.
Faleceu en Edimburgo o 30 de xullo de 1862, e está soterrado no cemiterio de St Cuthbert's.[1]
A abreviatura Traill emprégase para recoñecer a Thomas Stewart Traill como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.