Throb Throb | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Naked Raygun | ||||
Publicado | 1985 | |||
Gravación | 1983 | |||
Duración | 33:37 (reedición) | |||
Xénero(s) | post-hardcore | |||
Selo(s) | Homestead Records | |||
Produtor | Gomez Addams, Iain Burgess | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Throb Throb é o álbum de estrea da banda estadounidense de punk rock Naked Raygun, publicado no ano 1985 a través do selo Homestead Records. Foi o primeiro dos lanzamentos do grupo en contar coa mestría musical de John Haggerty, cuxa forma de tocar a guitarra caracterizou o son da banda durante os anos 80. Quarterstick Records reeditou o álbum en 1999 engadindo unha primeira versión de "Libido" como material extra, que orixinalmente aparecía no Flammable Solid 7".
Naked Raygun combinara recursos con outras bandas locais, como Big Black e The Effigies, para publicar eles mesmos discos baixo o nome de Ruthless Records.[1] En 1983 editaron o EP Basement Screams e despois, tras un cambio na formación, gravaron o álbum Throb Throb. Tres cancións do disco, "Surf Combat", "Gear" e unha versión máis curta de "Libido", apareceran no primeiro sinxelo de Naked Raygun, "Flammible Solid" (un tributo ao primeiro álbum de Stiff Little Fingers, Inflammable Material). Tras fichar por Homestead Records, o lanzamento do álbum atrasouse ata o seguinte ano.
O libreto de letras de Throb Throb deseñouse para semellarse a uns planos con texto branco sobre fondo azul, e nalgunhas versións do disco as letras incluso aparecían do revés, como se dun plano real se tratase.[2] O disco estivo en catálogo durante os anos 80 e foi remasterizado e editado en CD. Cando Quarterstick Records volveu a publicar o material da banda en 1999, a distribuidora orixinal de Homestead lanzou as 400 copias finais do disco en vinilo verde.[2]
A portada foi creada polo debuxante de cómics de Chicago Mike Saenz.