Thymus zygis

Thymus zygis

Thymus zygis
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Lamiales
Familia: Lamiaceae
Subfamilia: Nepetoideae
Tribo: Mentheae
Xénero: Thymus
Especie: T. zygis
Nome binomial
'Thymus zygis'
Loefl. ex L.
Subespecies

Thymus zygis é unha especie da familia das lamiáceas. É un dos tomiños máis frecuentes na Península Ibérica, capaz de crecer nunha ampla gama de ambientes ecolóxicos, mesmo nas ermas de xeso, aínda que sempre se ve en lugares abertos e despexados.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Thymus zygis é unha mata anana, moi aromática de 1 a 2 dm de alto. As ponlas son erectas e leñosas, con follas lineares de 5 a 7 mm de longo e 1 mm de ancho de cor verde cinsenta. Teñen un nervio no medio. Inflorescencia en espiga, corola esbrancuxada bilabiada, con catro estames e o carpelo sobresaíntes.

Pendentes secas e matogueiras nos aciñeirais do interior peninsular, aceptando todo tipo de chans sempre que non se asolaguen.

Subespecies

[editar | editar a fonte]
  • Thymus zygis subsp. gracilis (Boiss.) R. Morales. (sinónimo Th. tenuiflorus var. gracilis Boiss = Th. verticillatus Sennen.). O seu porte sempre é erecto e distribúese polo sueste da Península Ibérica.
  • Thymus zygis subsp. zygis, procumbente, pouco pubescente e o cáliz inferior a 4 mm. Practicamente dáse en toda a metade norte da península, agás na parte correspondente á rexión Eurosiberiana.
  • Thymus zygis subsp. sylvestris (Hoffmans. et Link]) Brot., (sinónimo Th. sylvestris Hoffmans) é igualmente procumbente, pero moito máis peloso e co cáliz de até 5 mm de lonxitude. Ocupa o centro e suroeste peninsular.[1]

Distribución

[editar | editar a fonte]

Península Ibérica, sistemas montañosos do centro e sur.

É un dos tomiños preferidos para usos culinarios e para adobar olivas. Emprégase como especia nos asados da zona centro peninsular.

  1. Nieto Ojeda, Rufino (2006). Guía práctica para a identificación de Árbores e Arbustos Ibéricos. Cazorla (Xaén):Edición do autor. ISBN 84-611-1887-1.