Tiefland Terra baixa | |
---|---|
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 2 actos cun prólogo |
Idioma orixinal do libreto | Alemán |
Libretista | Rudolf Lothar |
Fontes literarias | Terra baixa, de Àngel Guimerà |
Estrea | 15 de novembro de 1903 |
Teatro da estrea | Neue Deutsche Theater |
Lugar da estrea | Praga |
Duración | 2 horas 30 minutos |
Música | |
Compositor | Eugen d'Albert |
Personaxes | |
Tiefland (en galego Terra baixa) é unha ópera nun prólogo e dous actos con música de Eugen d'Albert e libreto en alemán de Rudolf Lothar, baseada na obra teatral Terra baixa do escritor catalán Àngel Guimerà. Foi estreada o 15 de novembro de 1903 no Neue Deutsche Theater de Praga.
A ópera trata un tema realista. Nela, dous pastores (Pedro e Nando) alindan o gando nos Pireneos. Pedro desexa unha muller, polo que Tomás (un ancián aldeán) chega con Marta (amante forzosa do seu amo Sebastián) para que se converta na súa dona, mais Nando advírtelle dos perigos que lle esperan ao pé das montañas. Cando Pedro descobre a condición de Marta, queda desolado, mais axiña a perdoa. Xa casados, Marta négase a ceder aos desexos de Sebastián e incita a Pedro a que o mate. Tomás declara entón o matrimonio desfeito e durante un enfrontamento entre os dous, Pedro mata a Sebastián.
Esta ópera é pouco representada; nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. aparece no posto n.º 168 das óperas representadas no período 2005-2010, sendo a 27.ª en Alemaña e a primeira de d'Albert, con 18 representacións no período, principalmente en Alemaña e Austria.
Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 15 de novembro de 1903 Director: |
---|---|---|
Sebastián (rico terratenente) | barítono | |
Pedro (un pastor ao servizo de Sebastián) | tenor | |
Marta (amante de Sebastián, cortexada por Pedro) | soprano | |
Nuri (amiga de Marta) | soprano | |
Tomás (venerable ancián) | baixo | |
Pepa (serventa de Sebastián) | soprano | |
Antonia (serventa de Sebastián) | mezzosoprano | |
Rosalía (serventa de Sebastián) | contralto | |
Moruccio (un muiñeiro) | baixo | |
Nando (un pastor) | tenor |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |